Bandeira de Macedonia do Norte
| Bandeira de Macedonia do Norte | |
|---|---|
| Características | |
| Uso | |
| Proporción | 1:2 |
| Adopción | 5 de outubro de 1995 |
| Cores | Vermello Amarelo |
A bandeira de Macedonia do Norte é un pano de cor vermella no que aparece representado un sol de ouro con oito raios da mesma cor que se estenden cara aos bordos.
O amarelo e o vermello son as cores nacionais do estado macedónico, a figura do sol evoca o desexo de liberdade no himno nacional Denes nad Makedonija (Hoxe sobre Macedonia). A relación entre o ancho e o longo da bandeira é de 1:2.
Versión anterior
[editar | editar a fonte]En 1995 tivo que retirarse a versión anterior da bandeira, adoptada en 1991, cando se produciu a independencia do país, na que figuraba o sol de Verxina. O sol (ou estrela) de Verxina é o elemento central da rexión grega do mesmo nome en bandeiras non oficiais, representacións gráficas etc. e a súa adopción por parte de Macedonia do Norte como símbolo nacional xerou protestas en Grecia.
Deseño
[editar | editar a fonte]A proporción da bandeira é 1:2 (alto/ancho), con dúas cores:
| Sistema | Vermello | Amarelo |
|---|---|---|
| RGB | 210-0-0 | 255-230-0 |
| Hex | #D20000 | #FFE600 |

Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira da República Popular de Macedonia (1944-1946)
-
Bandeira da República Socialista de Macedonia (1946-1991)
-
Bandeira da República de Macedonia (1992-1995)
-
Sol de Verxina
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bandeira de Macedonia do Norte |