Bandeira de Irlanda do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A St Patrick's Saltire é usada en ocasións polo goberno Británico para representar a Irlanda do Norte.
A Union Flag é izada en días sinalados nalgúns edificios do goberno de Irlanda do Norte, Irlanda do Norte está representada na bandeira pola St Patrick's Saltire

Irlanda do Norte non ten bandeira propia desde que o Parlamento de Irlanda do Norte foi disolto en 1973.[1] Durante acontecementos oficiais, o goberno británico utiliza a Union Flag, a cal é a bandeira oficial do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, e é a única bandeira utilizada polo goberno en Irlanda do Norte.[2]

A Saint Patrick's Saltire ás veces é utilizada polo goberno para representar a Irlanda do Norte ó lado dos outros países do Reino Unido, e é o emblema central do Servizo Policial de Irlanda do Norte.

A Ulster Banner aínda é usada por unionistas, algunhas organizacións deportivas en Irlanda do Norte e algunhas autoridades de goberno locais baixo control unionista.[3]

Nin a Saint Patrick's Saltire nin a Ulster Banner poden ser izadas en edificios do goberno de Irlanda do Norte.[4]

Bandeira do Goberno de Irlanda do Norte entre 1953–1972[editar | editar a fonte]

Deseño[editar | editar a fonte]

Bandeira de Irlanda do Norte (1953-1972)
Bandeira de Irlanda do Norte (1953-1972)
Características
Uso
Proporción3:5
Adopciónde 1953 a 1972
Cores     Branco     Vermello

A Ulster Banner ten na súa parte central a figura dunha estrela de seis puntas (o número de condados que pertencen a Irlanda do Norte) de cor branca que contén representada unha man destra (a man vermella do Ulster). A estrela aparece representada baixo a "Coroa Imperial" (do Reino Unido) como símbolo de lealdade á monarquía británica. Esta bandeira foi outorgada polo goberno de Irlanda do Norte en 1924, foi emblema do devandito goberno entre 1953 e 1972, sendo abolida en 1973.

Historia[editar | editar a fonte]

A bandeira de Irlanda do Norte (Ulster Banner) é un estandarte heráldico tomado do escudo de armas concedido en 1924 e baseado na bandeira de Inglaterra e a anterior bandeira do Ulster, co engadido dunha coroa para simbolizar a lealdade dos unionistas do Ulster á monarquía do Reino Unido. O estandarte do Ulster contén a Man Vermella do Ulster no centro. A estrela de seis puntas representa o seis condados de Irlanda do Norte. A bandeira ás veces tamén recibe o nome de Bandeira da Man Vermella, Bandeira de Irlanda do Norte, ou simplemente a Bandeira do Ulster, aínda que non debe ser confundida coa bandeira provincial do Ulster.

Uso actual[editar | editar a fonte]

Escudo de Irlanda do Norte

Durante eventos oficiais, o goberno británico utiliza a Union Flag, a cal é a bandeira oficial do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, sendo esa tamén a única bandeira oficial utilizada polo goberno de Irlanda do Norte. O estandarte do Ulster foi a bandeira oficial do goberno de Irlanda do Norte dende 1953 até 1972, pero non é probable que volva ser utilizada para representar a Irlanda do Norte ou o seu goberno no futuro xa que, por varias razóns, non é aceptada pola comunidade nacionalista irlandesa.

En 1924 o goberno de Irlanda do Norte recibiu armas heráldicas por decreto real e o dereito a mostralas nunha bandeira ou estandarte. Este dereito foi exercido para a coroación da raíña Isabel II do Reino Unido en 1953. Entre 1953 e 1972 esta bandeira foi utilizada polo goberno de Irlanda do Norte e a bandeira civil de facto. Cesou de ter aprobación oficial cando o Parlamento de Irlanda do Norte foi disolto polo goberno británico pola Acta de 1973.

A Ulster Banner séguese a usar dentro da comunidade unionista (comunidade que promove o mantemento ou o fortalecemento dos vínculos políticos e culturais entre Irlanda, a miúdo e especialmente Irlanda do Norte, e Gran Bretaña) xunto coa bandeira británica. Tamén é utilizada nalgúns eventos deportivos, como por exemplo polos seareiros da selección de fútbol, e autoridades locais baixo control unionista.

Bandeiras relacionadas con Irlanda do Norte[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Baixo o Acto de Constitución da Irlanda do Norte 1973
  2. "The Union Flag and flags of the United Kingdom" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xuño de 2009. Consultado o 09 de maio de 2014. 
  3. uefa.com – Football Europe
  4. "The Union Flag and Flags of the United Kingdom" (PDF). Parliament and Constitution Centre. 3 xuño de 2008. pp. 9–10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]