Bandeira de Casaquistán
Bandeira de Casaquistán | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 24 de xaneiro de 1996 |
Cores | Azul claro Amarelo |
A bandeira de Casaquistán (en casaco: Қазақстан туы Qazaqstan twı) foi adoptada o 4 de xuño de 1992, substituíndo á bandeira da República Socialista Soviética de Casaquistán. A bandeira é un deseño de Shaken Niyazbekov.
Descrición[editar | editar a fonte]
Consiste nun pano de cor azul celeste no que aparecen representados unha aguia esteparia, o sol (ouro) con 32 raios no centro e un estampado dourado próximo ao bordo máis próximo ao mastro.
O estampado representa á arte e as tradicións culturais do pobo casaco. A cor azul celeste do fondo da bandeira alude aos diversos pobos túrquicos que conforman a poboación actual do país (que inclúe entre outros a poboacións de orixe tártara, mongol e uigur). Para eses pobos a cor azul celeste estaba dotado de simbolismo relixioso e representaba ao deus Gök-Tanry aínda que actualmente a cor da bandeira é interpretado como o símbolo do ceo despexado que se divisa no país e da liberdade do seu pobo.
A aguia dourada é un símbolo asociado co imperio de Xenxis Kan que dominou Casaquistán baixo un estandarte de cor azul cunha figura semellante a unha aguia.
Outras bandeiras[editar | editar a fonte]
Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]
-
Bandeira do Kazakh Khanate
-
Bandeira da Autonomía de Alash
-
Bandeira da RRS de Casquisán (1937—1940)
-
Bandeira da RRS de Casquisán (1940—1953)
-
Bandeira da RRS de Casquisán (1953—1991)
Variantes[editar | editar a fonte]
-
Primeiro deseño da bandeira da República de Casaquistán antes do 4 de xuño de 1992.[1]
-
Bandeira das forzas armadas casacas, cunha estrela vermella
-
Estandarte presidencial, co escudo nacional.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "государственный флаг Казахстана". www.vexillographia.ru. Consultado o 2018-10-09.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Casaquistán en Flags of the World (en inglés)