Bandeira de Romanía
Bandeira de Romanía | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 26 de xuño de 1848 24 de abril de 1867 27 de decembro de 1989 |
Cores | Azul Amarelo Vermello |
A bandeira de Romanía (en romanés: Drapelul României) é unha bandeira tricolor composta por tres franxas verticais de igual anchura, sendo azul a máis próxima ao pau, amarela a central e vermella a máis afastada do pau. Aínda que o uso destas cores é anterior, comezaron a empregarse como emblema do movemento nacional romanés dende 1834.
A bandeira de Romanía é moi semellante á de bandeira de Moldova, con quen comparte vencellos históricos e culturais. Tamén é idéntica á bandeira do Chad aínda que non teñen ningunha relación e á bandeira de Andorra.
Deseño
[editar | editar a fonte]A lei menciona que as cores oficiais das franxas da bandeira son o azul cobalto, o amarelo cromo e o vermellón. A publicación Album des pavillons nationaux et des marques distinctives (2000) suxire os seguintes equivalentes na escala Pantone:
Esquema | Azul | Amarelo | Vermello |
---|---|---|---|
Pantone | 280c | 116c | 186c |
CMYK | 99-86-1-00 | 2-18-95-0 | 4-99-94-0 |
RGB | 0-43-127 | 252-209-22 | 206-17-38 |
HTML | #002B7F | #FCD116 | #CE1126 |
Historia
[editar | editar a fonte]A disposición actual remóntase a 1864, ata á primeira declaración de independencia de Valaquia en 1821 feita entre outros por Tudor Vladimirescu, aínda que dende entón introducíronse algunhas modificacións. As cores vermello, amarelo e azul foron utilizados antigamente polos romaneses como o seu símbolo, ou ben foron utilizados por estranxeiros para designalos.
O testemuño escrito máis antigo rexistrado do 14 de abril de 535, cando o emperador Xustiniano I estableceu o símbolo dos territorios controlados polo arcebispado de Justiniana Prima, que comprendía partes de Pannonia Secunda, Dacia Cisdanubiana e Dacia Transdanubiana:
Dende a parte dereita, na primeira división, un escudo vermello, en cuxo centro se verán unhas torres, símbolo da Dacia de máis alá; na segunda división, un escudo celestial cos acenos da tribo dos "buri", cuxos dous lados son brancos; e na media cor dourada.
Estas cores son tamén os usados nos diplomas emitidos polo voivoda romanés Mihai Viteazul, e tamén nos seus escudos e os ornamentos dos seus escudos. Tamén hai que mencionar a presenza destas tres cores en borlas e na bandeira usada por Tudor Vladimirescu no seu levantamento contra os fanariotas. Foi entón cando o azul foi por primeira vez asociado coa liberdade (o azul do ceo), o amarelo coa xustiza (o amarelo dos campos) e o vermello coa fraternidade (o vermello do sangue).
En 1947 eliminouse o escudo coas armas reais para substituílo polo da República Socialista de Romanía, o cal estaría no centro da franxa amarela. Durante a revolución de 1989 puidéronse ver moitas bandeiras co escudo recortado, e o novo goberno decidiu non engadir ningún escudo á bandeira quedando igual que a ensina civil durante o Reino de Romanía (1881-1947). O 26 de xuño de cada ano celébrase o día da bandeira (en romanés: Ziua Tricolorului ), que é festa nacional.
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]-
Tricolor de 1848
-
Principado de Romanía (1862-1866)
-
República Socialista de Romanía (1965-1989)
-
Bandeira anti-Ceauşescu na Revolución romanesa de 1989
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira presidencial
-
Bandeiras das forzas aéreas
-
Bandeira do Estado Maior (anverso e reverso)
-
Pavillón de proa
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Romanía |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Romanía en Flags of the World (en inglés)