La Jamais Contente
Fabricante | Camille Jenatzy |
---|---|
Produción | 1898 |
Motor | eléctrico |
La Jamais Contente foi o primeiro vehículo eléctrico en superar os 100 km/h.[1] Trátase dun coche con dous motores eléctricos, conectados a cada un dos eixes das rodas (marca Postel-Vinay), dunha potencia máxima total de 50 quilovatios (68 cabalos aproximadamente).[2] Ten unha carrozaría de aliaxe lixeira con forma de torpedo. Non obstante, a alta posición de condución e o exposto chasis inferior, estragaban moito a aerodinámica. A plusmarca de velocidade en terra foi estabelecida, segundo as fontes, o 29 de abril[3] ou o 1 de maio de 1899, en Achères, Yvelines, preto de París.
O coche foi construído e pilotado polo belga Camille Jenatzy, quen era fillo de Constant Jenatzy, un fabricante de pneumáticos de caucho, unha novidade na época. Camille estudou enxeñaría, e estaba interesado nos vehículos de propulsión eléctrica.
O vehículo actualmente se atopa no museo do automóbil de Compiègne, en Francia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Jamais Contente, el eléctrico que superó los 100 km/h. www.motorpasion.com.
- ↑ La Recherche, volume 16 (1985).
- ↑ La Jamais Contente. Conceptcarz.com.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Jamais Contente |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información (en francés)