Ford T
Ford T | |
![]() | |
Nome | Ford T |
Construtor | Ford |
Produción | 1908 - 1927 15 007 033 producidos |
Antecesor | Ford S |
Sucesor | Ford A |
Tipo | Coche económico |
Motor | 2´9 L, 20 hp I4 |
Carrozaría | Varias |
Dimensións | 3.404 mm de lonxitude |
Peso | 540 kg. |
Deseñador | Henry Ford, Childe Harold Wills, Joseph A. Galamb e Eugene Farkas |
O Ford T, tamén coñecido como Tin Lizzie e o Flivver, foi un vehículo de baixo custo producido póla Ford Motor Company de Henry Ford desde 1908 ata 1927. Con este modelo introduciuse a produción en cadea, popularizando a adquisición dos automóbiles.
Historia[editar | editar a fonte]
O Ford T foi deseñado por Henry Ford. Viu a luz o 1 de outubro de 1908, co seu motor de catro cilindros e tan só 20 Cv de potencia podía chegar á velocidade máxima de 71 km/h, cun peso contido para a súa época de 1200 kg; consumía un litro cada 5 km.
O modelo T incluía novidades que outros vehículos da competencia non ofrecían como era o volante situado no lado esquerdo de grande utilidade para a entrada e saída dos ocupantes, tamén incorporaba grandes adiantos técnicos como o conxunto bloque do motor, cárter e cegoñal nunha soa peza, utilizando para isto unha aliaxe lixeira e resistente de aceiro de vanadio.
Caracterizouse por ser moi espartano, características propias dos vehículos de Henry Ford e a súa política de produción: a cadea de montaxe, grazas á cal puido rebaixar o seu prezo inicial de 850 $ ata 360 $, motivo polo cal converteuse no modelo favorito da sociedade traballadora industrial.
Presenza global[editar | editar a fonte]
O Ford T foi o primeiro auto global da industria. No ano 1921, case o 57% da produción mundial de automotores correspondía ao Ford T, que se fabricaba en varios países e vendíase nos cinco continentes a través de sucursais autorizadas, en diferentes versións e alternativas de uso[1].
Mentres que Ford logrou status internacional en 1904 coa fundación de Ford no Canadá, foi en 1911 cando a compañía comezou a ampliarse rapidamente en ultramar, coa apertura das Plantas de ensamblaxe de Inglaterra, a Arxentina (1912) e Francia, seguida por Dinamarca (1923), Alemaña (1925), Austria (1925), e tamén Suráfrica (1924) e Australia (1925) como subsidiarias de Ford do Canadá debido ás tarifas preferenciais dos países da «Commonwealth» a que pertencían.
A finais de 1913 Ford Motor Co. decidiu instalar en Buenos Aires a primeira sucursal latinoamericana e a segunda no mundo despois da de Inglaterra. En 1917 e tras comercializar máis de 3500 vehículos comeza a importación de autos desarmados para ser montados en Buenos Aires.
En 1925 inaugurouse a primeira Ford de Latinoamérica na Arxentina, e comezouse coa manufactura do Ford T. En 1927 a unidade nº 100.000 do Ford T. A fins dese ano presentouse o Ford A, sucesor do modelo "T" que foi descontinuo nos Estados Unidos tras producirse máis de 15 000 000 de unidades.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Un siglo del clásico Modelo T" Arquivado 07 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., www.empresasnews.com - Consultado o 19 de novembro de 2008 (en castelán).
- ↑ www.autohistoria.com.ar Arquivado 04 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. Historia de Ford Motor Argentina - Consultado o 2008-11-19
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ford T |