Torque (magnitude)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Torque é unha cantidade de forza física vectorial que se pode definir intuitivamente como a tendencia dunha forza para xirar un obxecto alrredor dun eixe, dun punto de apoio, ou dun pivote.. O torque T é sempre definido con relación a algún punto. Entón, o vector que liga este punto e o punto de aplicación dalgunha forza \vec F é \vec r. Así, o torque desta forza é definido pola relación:

\vec T = \vec r \times \vec F,

na cal \times é o produto vectorial.

Relación entre Torque e Potencia[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que unha forza aplicada nunha distancia realiza un traballo, un Torque aplicado para xirar un obxecto implica un traballo tamén. Sendo a potencia o traballo por unidade de tempo, a potencia equivale por tanto a un torque aplicado por unidade de tempo nun xiro:

\mbox{Potencia}=\mbox{Torque} \times \mbox{Velocidade angular}

A unidade do sistema internacional para o torque é o Newton por metro (Nm).

Torque en motores[editar | editar a fonte]

Da fórmula anterior enténdese a importancia do Torque para os motores. Nese contexto, úsase para o torque o nome de "par motor", que é unha medida da forza que o motor aplica no eixo (nas rodas dun carro, por exemplo).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.