A súa carrocería era de fenoplast (resina fenólica) e o seu motor, de dous cilindros a dous tempos. Contaba con espazo para catro adultos e equipaxe; era compacto, lixeiro e duradeiro.
Dos poucos modelos de automóbiles aos que os alemáns do leste tiñan acceso, o Trabant era o máis barato (uns 10.000 marcos orientais). Para adquirir legalmente un Trabant había que apuntarse nunha lista e esperar até 10 anos, senón, acudir ao mercado negro.
O nome Trabant significa en alemán "satélite"; popularmente chamábaselle Trabbi.
Deixou de fabricarse en 1991, despois de que a súa produción se volvese insostible e comezase a depender de subsidios do goberno alemán.