Rudolf Diesel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rudolf Christian Karl Diesel
Nome completoRudolf Christian Karl Diesel
Nacemento18 de marzo de 1858
Lugar de nacementoParís, Francia
Falecemento30 de setembro de 1913
Lugar de falecementoCanle da Mancha
Causaafogamento
Soterradomar
NacionalidadeReino de Baviera
EtniaPobo alemán
Relixiónluteranismo
Alma máterUniversidade Técnica de Múnic e Universidade de Múnic
Ocupaciónenxeñeiro
CónxuxeLouise Martha Diesel
FillosEugen Diesel e Hedwig von Schmidt
PremiosMedalla Elliott Cresson e Salón da Fama dos Inventores Nacionais
Na rede
WikiTree: Diesel-10 Find a Grave: 16273257 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rudolf Christian Karl Diesel, nado en París o 18 de marzo de 1858 e finado na Canle da Mancha o 30 de setembro de 1913, foi un enxeñeiro alemán, inventor do motor de combustión de alto rendemento que leva o seu nome, o motor diésel. Motor aplicábel á locomoción, presentado na feira internacional de París como o primeiro motor que usa aceite mineral como combustible e posteriormente chamado "motor de combustión", posteriormente tomaría o nome do seu inventor.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de inmigrantes bávaros, naceu en París. En 1870 a familia tivo que abandonar Francia ao estalar a guerra franco-prusiana, e Rudolf foi enviado a Augsburgo.

Discípulo do inventor da neveira Carl von Linde a partir de 1875 en Múnic. Regresou a París como representante da empresa de máquinas frigoríficas do seu mestre.

Entre 1893 e 1897 construíu en MAN (pertencente ao grupo Krupp) o primeiro motor do mundo que queimaba aceite vexetal (aceite de palma) en condicións de traballo.

O Instituto de Enxeñeiros Mecánicos concedeulle a Orde do Mérito polas súas investigacións e desenvolvementos sobre os motores con aceite de cacahuete, posteriormente usaron petróleo por ser máis barato.

Considerábase a si mesmo como un filósofo social, aínda que o seu libro Solidarity, onde describe a súa visión da empresa, só vendeu 200 exemplares.

Morte[editar | editar a fonte]

Suponse que morreu o 29 / 30 de setembro de 1913 e (suponse que) afogado, pois desapareceu do buque que cubría o traxecto de Antuerpen a Harwich no que viaxaba. Un par de días despois o seu corpo foi atopado por un bote da garda costeira. Como era o común nese entón, só se tomaron as súas pertenzas (identificadas posteriormente polo seu fillo) e o corpo foi lanzado de novo ao mar.[Cómpre referencia]

Manéxanse varias hipóteses sobre a súa morte, a primeira indica que se suicidou en vista de atoparse en quebra, aínda que a súa familia creu que foi asasinado e as súas ideas roubadas. Outra hipótese indica que axentes alemáns asasinárono para evitar a difusión dos seus inventos, en vista de que a guerra atopábase próxima e el estaba decidido a permitir que calquera (Francia e Inglaterra entre eles) comprase licenzas sobre as súas patentes.[Cómpre referencia]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]