Bugui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Un bugui é un pequeno vehículo automóbil, normalmente de propulsión eléctrica, que se utiliza no golf para desprazarse polo campo de xogo.

Características[editar | editar a fonte]

É capaz de subir costas pinas, practicamente non estraga o terreo nin contamina e pode cargar con bastante peso. Nalgúns campos de golf poden alugarse e, ás veces, son réplicas de turismos clásicos. Debido a que o golf utiliza unha abundante terminoloxía en inglés en moitos idiomas, as súas formas están moi pouco asentadas e son moi variadas mesmo en ortografía (con u ou con oo, con g ou con gg, con y ou con ie), e este é o caso de bugui:

Non debe confundirse con bogey, que no golf é a situación que se dá cando se queda a un golpe sobre par (cando se gasta un golpe máis có marcado para ese percorrido).