Reyer Venezia Mestre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Umana Reyer
HaynesVenezia.jpg
Información xeral
Liga LBA / Europe Cup
Alcume Orogranata
Fundación 1872
Cores                Granate, ouro, branco
Presidente Italia Federico Casarin
Adestrador Italia Walter De Raffaele
Patrocinador Umana
Localización
Cidade Italia Venecia, Italia
Pavillón Palasport Taliercio
Capacidade 3 509
Inauguración 1978
Campionatos
Europe Cup 1 (2018)
Liga 4 (1942, 1943, 2017, 2019)
reyer.it

O Reyer Venezia Mestre, actualmente coñecido como Umana Reyer por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Venecia, Véneto. Fundado en 1872 como o club deportivo Società Sportiva Costantino Reyer, comezou a albergar un equipo de baloncesto en 1925. Os seus maiores éxitos son tres títulos de Liga, en 1942, 1943 e 2017, así como unha FIBA Europe Cup en 2017 e un subcampionato da Copa Korać en 1981. Actualmente compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto transalpino.

Historia[editar | editar a fonte]

A Società Sportiva Costantino Reyer foi fundada en Venecia no ano 1872 polo profesor de ximnasia Peter Gallo. Durante o seus primeiros anos adicouse a diferentes deportes como o boxeo e o fútbol. A primeira aparición do baloncesto na sociedade data de 1907. É na década de 1940 cando acandan o seu apoxeo, consiguindo gañar o título de liga en 1942 e 1943.[1] O equipo manténese na Serie A durante moitos anos, até chegar aos anos 1970 e 1980, nos que se converte nun equipo ascensor. En 1981 consegue un dos seus maiores éxitos chegando á final Copa Korać, onde é derrotado polo Joventut Badalona por 104−105. Nos anos 1990 o equipo chega a descender incluso até a terceira división, voltando á segunda en 2008 e regresando á elite 2011. Tras asentarse na máxima categoría de novo, o equipo chea ás semifinais de liga nas temporadas 2014–15 e 2015–16. Na temporada 2016−17 conseguen gañar o título de liga e a FIBA Europe Cup.

Patrocinadores[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Noalex Venezia (1966–1970)
  • Splügen Venezia (1970–1973)
  • Canon Venezia (1973–1980)
  • Carrera Venezia (1980–1984)
  • Giomo Venezia (1984–1987)
  • Hitachi Venezia (1987–1990)
  • Scaini Venezia (1991–1993)
  • Acqua Lora Venezia (1993–1994)
  • San Benedetto (1994–1995)
  • Reyer Venezia (1995-1996)
  • Panto Venezia (1998–2001)
  • Acqua Pia Antica Marcia (2005–2006)
  • Umana Reyer Venezia (2006–)

Temporada a temporada[editar | editar a fonte]

Temporada Nivel Liga Pos. Playoffs Copa Europa
2010–11 2 LegaDue 2 Subcampión Crecente (crecemento)
2011–12 1 Serie A 7 Cuartofinalista
2012–13 1 Serie A 8 Cuartofinalista
2013–14 1 Serie A 11
2014–15 1 Serie A 2 Semifinalista Cuartofinalista
2015–16 1 Serie A 5 Semifinalista Cuartofinalista
2
Eurocup
L32
2016–17 1 LBA 2 Campión Cuartofinalista
3
Champions League 4
2017–18 1 LBA 1 Semifinalista Cuartofinalista
3
Champions League RS
4
FIBA Europe Cup C
2018–19 1 LBA 3 Campión Cuartofinalista
3
Champions League
R16

Palmarés[editar | editar a fonte]

Competicións europeas[editar | editar a fonte]

  • FIBA Europe Cup
    • Campións (1): 2018
  • Copa Korać
    • Subcampións (1): 1981

Competicións domésticas[editar | editar a fonte]

  • Liga de Italia
    • Campións (4): 1942, 1943, 2017, 2019
    • Subcampións (1): 1946

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]