Aron Baynes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aron Baynes
Aron Baynes, John Wall (31692356675).jpg
Boston Celtics – No. 46
Pivote / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 9 de decembro de 1986 (31 anos)
Flag of New Zealand.svg Gisborne, Nova Zelandia
Nacionalidade Australia Australia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 118 kg (260 lb)
Información da carreira
Instituto Mareeba State (Queensland)
Cairns State (Queensland)
Universidade Washington State (2005–2009)
NBA Draft 2009 / Elección: Sen draftear
Carreira 2009−presente
Historial de equipos
Lietuvos Rytas (2009–2010)
EWE Baskets Oldenburg (2010–2011)
Ikaros Kallitheas (2011–2012)
Union Olimpija (2012–2013)
San Antonio Spurs (2013–2015)
Austin Toros (2013)
Detroit Pistons (2015–2017)
Boston Celtics (2017–presente)
Premios e galardóns
Campión NBA (2014)
Información en nba.com

Aron John Baynes, nado o 9 de decembro de 1986 en Gisborne (Nova Zelandia), é un xogador de baloncesto profesional australiano que xoga nos Boston Celtics da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 1 de xuño de 2009, Baynes asinou un contrato de dous anos co Lietuvos Rytas.[1] Ó remate da tempada 2009-10, Baynes desvinculouse do equipo lituano. O 15 de xullo de 2010, asinou un acordo de dous anos co EWE Baskets Oldenburg. En 40 partidos acadou 6.8 puntos e 3.7 rebotes por partido. O 29 de xuño de 2011, deixou o equipo alemán.[2]

O 24 de agosto de 2011, asinou un acordo dun ano co Ikaros Kallitheas grego.[3] O 1 de agosto de 2012, Baynes asinou un contrato dun ano co Union Olimpija esloveno.[4]

O 23 de xaneiro de 2013, Baynes asinou cos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA).[5] O 15 de xuño de 2014, Baynes gañou o seu primeiro capmionato da NBA despois de que os Spurs derrotaran ós Miami Heat por 4-1 nas Finais da NBA de 2014. O 26 de setembro de 2014, asinou un novo contrato cos Spurs.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lietuvos Rytas tabs center Baynes
  2. "Aaron Baynes leaves Oldenburg". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2014. Consultado o 20 de xaneiro de 2015. 
  3. "Ikaros gets Aron Bynes". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2014. Consultado o 20 de xaneiro de 2015. 
  4. "Union Olimpija also lands Baynes". Euroleague.net. 1 de agosto de 2012. Consultado o 9 de setembro de 2012. 
  5. Spurs Sign Aron Baynes
  6. Spurs Re-Sign Aron Baynes

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]