Lega Basket Serie A
| Tipo | liga deportiva |
|---|---|
| Deporte | baloncesto |
| Organizador | Italian Basketball Federation (en) |
| Liga superior | Euroleague Basketball |
| Liga inferior | Serie A2 Basket |
| Número de participantes | 16 |
| Localización e Datas | |
| País | Italia |
| Vixencia | 1920 – |
| Calendario da tempada | outubro – |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Outro | |
| Páxina web oficial | legabasket.it |
Lega Basket Serie A, oficialmente abreviada como LBA, coñecida por motivos de patrocinio como LBA UnipolSai, é a principal competición do baloncesto profesional italiano, onde os competidores enfróntanse para proclamarse o campión nacional. A tempada consiste nun almanaque de trinta partidos disputado a ida e volta, seguidos dunha serie eliminatoria na que se enfrontan os oito primeiros da fase regular. Os cuartos de final e semifinais son ao mellor de cinco partidos e a final ao de sete. Os dous últimos equipo clasificados na liga regular descenden á Serie A2 (segunda división).
Fundada en 1920, a Lega é unha das competicións domésticas de baloncesto máis importantes, xunto con ligas como a ACB, a VTB, a BSL, a BBL, a HEBA ou a ABA, o que a converte nunha das competicións deste deporte máis importantes a nivel mundial. Ademais da Serie A, as outras dúas grandes competicións do baloncesto italiano son a Coppa Italia e a Supercoppa Italia, que enfronta a principios de cada tempada ao campión da Liga e ao campión de Copa nunha final a partido único.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira vez que se organizou unha liga nacional de baloncesto en Italia foi 1920, gañando o primeiro título foi gañado. Dende aquela, o equipo que máis "Scudetto" gañou foi o Olimpia Milano con vinte e oito. Até o momento dezasete equipos diferentes gañaron o campionato desde o seu inicio. Desde a década de 2000 anos a liga está a ser dominada por uns poucos equipos, principalmente o Pallacanestro Treviso (aínda que xa non compite no baloncesto profesional), Mens Sana Siena (actualmente na Serie A2 e o propio Olimpia Milano. Con todo, nos últimos anos apareceron dous novos campións o Dinamo Sassari e o Reyer Venezia (aínda que este equipo xa gañara dúas nos anos 1940).
Até a década de 2000, o campionato italiano era considerado a liga doméstica máis importante en Europa, sendo agora considerada unha das mellores xunto coa Liga ACB, a VTB United League, a Basketbol Süper Ligi, a Basketball Bundesliga ou a A1 Ethniki. Até a temporada 2007−08 participaban na liga dezaoito equipos. Porén, en setembro de 2008 dous clubs, o Basket Napoli (non relacionado co actual NSB Napoli, que se trasladou dende Rieti a Nápoles en 2008) e o Orlandina, foron relegados das competicións profesionais pola forza debido a irregularidades financeiras, non sendo substituídos para a tempada 2008-09. Así, na actualidade, compiten na Serie A dezaseis equipos.
Patrocinadores
[editar | editar a fonte]Ao longo dos anos, o campionato da Serie A foi mudando o seu nome debido a diferentes acordos de patrocinio. A seguinte é unha lista das denominacións oficiais do compionato:
| Period | Sponsor | Name |
|---|---|---|
| 1993–1996 | Luxottica | Luxottica Cup |
| 1996–1998 | Polo | Polo Cup |
| 1998–1999 | Ford Puma | Trofeo Ford Puma |
| 1999–2000 | SportWeek | SportWeek Cup |
| 2000–2003 | Foxy | Foxy Cup |
| 2003–2009 | TIM | Serie A TIM |
| 2009–2012 | Agos Ducato | Agos Ducato Serie A |
| 2012–2016 | Beko | Serie A Beko |
| 2016 | Sen patrocinador | LBA |
| 2016–2019 | PosteMobile | Serie A PosteMobile |
| 2019–2020 | Sen patrocinador | LBA |
| 2020– | UnipolSai | LBA UnipolSai |
Equipos
[editar | editar a fonte]Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2022−23 da LBA.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1920
Costanza Milano - 1921
Assi Milano - 1922
Assi Milano - 1923
Internazionale Milano - 1924
Assi Milano - 1925
Assi Milano - 1926
Assi Milano - 1927
Assi Milano - 1928
Ginnastica Roma - 1929 Non celebrado
- 1930
Ginnastica Triestina - 1931
Ginnastica Roma - 1932
Ginnastica Triestina - 1933
Ginnastica Roma - 1934
Ginnastica Triestina - 1935
Ginnastica Roma - 1935–36
Olimpia Milano - 1936–37
Olimpia Milano - 1937–38
Olimpia Milano - 1938–39
Olimpia Milano - 1939–40
Ginnastica Triestina - 1940–41
Ginnastica Triestina - 1941–42
Reyer Venezia - 1942–43
Reyer Venezia - 1943–45 Non celebrado
- 1945–46
Virtus Bologna - 1946–47
Virtus Bologna - 1947–48
Virtus Bologna - 1948–49
Virtus Bologna - 1949–50
Olimpia Milano - 1950–51
Olimpia Milano - 1951–52
Olimpia Milano - 1952–53
Olimpia Milano - 1953–54
Olimpia Milano - 1954–55
Virtus Bologna - 1955–56
Virtus Bologna - 1956–57
Olimpia Milano - 1957–58
Olimpia Milano - 1958–59
Olimpia Milano - 1959–60
Olimpia Milano - 1960–61
Pallacanestro Varese - 1961–62
Olimpia Milano - 1962–63
Olimpia Milano - 1963–64
Pallacanestro Varese - 1964–65
Olimpia Milano - 1965–66
Olimpia Milano - 1966–67
Olimpia Milano - 1967–68
Pallacanestro Cantù - 1968–69
Pallacanestro Varese - 1969–70
Pallacanestro Varese - 1970–71
Pallacanestro Varese - 1971–72
Olimpia Milano - 1972–73
Pallacanestro Varese - 1973–74
Pallacanestro Varese - 1974–75
Pallacanestro Cantù - 1975–76
Virtus Bologna - 1976–77
Pallacanestro Varese - 1977–78
Pallacanestro Varese - 1978–79
Virtus Bologna - 1979–80
Virtus Bologna - 1980–81
Pallacanestro Cantù - 1981–82
Olimpia Milano - 1982–83
Virtus Roma - 1983–84
Virtus Bologna - 1984–85
Olimpia Milano - 1985–86
Olimpia Milano - 1986–87
Olimpia Milano - 1987–88
Victoria Libertas Pesaro - 1988–89
Olimpia Milano - 1989–90
Victoria Libertas Pesaro - 1990–91
JuveCaserta - 1991–92
Pallacanestro Treviso - 1992–93
Virtus Bologna - 1993–94
Virtus Bologna - 1994–95
Virtus Bologna - 1995–96
Olimpia Milano - 1996–97
Pallacanestro Treviso - 1997–98
Virtus Bologna - 1998–99
Pallacanestro Varese - 1999–00
Fortitudo Bologna - 2000–01
Virtus Bologna - 2001–02
Pallacanestro Treviso - 2002–03
Pallacanestro Treviso - 2003–04
Mens Sana Siena - 2004–05
Fortitudo Bologna - 2005–06
Pallacanestro Treviso - 2006–07
Mens Sana Siena - 2007–08
Mens Sana Siena - 2008–09
Mens Sana Siena - 2009–10
Mens Sana Siena - 2010–11
Mens Sana Siena - 2011–12 Revocado
(Mens Sana Siena) - 2012–13 Revocado
(Mens Sana Siena) - 2013–14
Olimpia Milano - 2014–15
Dinamo Sassari - 2015–16
Olimpia Milano - 2016–17
Reyer Venezia - 2017–18
Olimpia Milano - 2018–19
Reyer Venezia - 2019–20 Cancelado
- 2020–21
Virtus Bologna - 2021–22
Olimpia Milano
Por equipo
[editar | editar a fonte]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||