Damion James

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Damion James
Damion James 2008-02-18.jpg
Axente libre
Ala
Información persoal
Nacemento 7 de outubro de 1987 (27 anos)
Flag of New Mexico.svg Hobbs, Novo México
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Información da carreira
Instituto Nacogdoches High School (Texas)
Universidade Texas (2006–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 24

Por Atlanta Hawks

Carreira dende 2010
Historial de equipos
New Jersey Nets (2010–2012)
Bakersfield Jam (2012–2013)
Brooklyn Nets (2013)
Bakersfield Jam (2013–2014)
Texas Legends (2014)
San Antonio Spurs (2014)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2014)
Información en nba.com

Damion Marquez Williams James, nado o 7 de outubro de 1987 en Hobbs, Novo México, é un xogador americano de baloncesto profesional. Na universidade xogou para o equipo de baloncesto da Universidade de Texas.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

NBA[editar | editar a fonte]

James foi seleccionado polos Atlanta Hawks na 24ª posición do Draft da NBA de 2010. Os seus dereitos foron traspasados aos New Jersey Nets a cambio dos dereitos da 27ª elección do draft, Jordan Crawford, e da 31ª elección, Tibor Pleiss, do draft dese mesmo ano. Despois os Hawks traspasarían a Pleiss aos Oklahoma City Thunder. O 9 de decembro de 2010, James xogou o seu primeiro encontro de titular contra os Dallas Mavericks.

En setembro de 2012, James asinou cos Atlanta Hawks,[1] pero foi cortado o 27 de outubro de 2012.

O 3 de abril de 2014, asinou un contrato de dez días cos San Antonio Spurs.[2] O 13 de abril de 2014, asinou cos Spurs para o resto da tempada.[3] O 15 de xuño de 2014, James gañou o seu primeiro campionato da NBA despois de que os Spurs gañaran ós Miami Heat por 4-1 nas Finais da NBA de 2014.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]