Tayshaun Prince

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tayshaun Prince
Posición Ala
Información persoal
Nacemento 28 de febreiro de 1980 (44 anos)
Compton, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 96 kg (212 lb)
Información da carreira
Instituto Dominguez (Compton, California)
Universidade Kentucky (1998–2002)
NBA Draft 2002 / Rolda: 1 / Elección: 23
Por Detroit Pistons
Carreira 2002–2016
Historial de equipos
Detroit Pistons (2002–2013)
Memphis Grizzlies (2013–2015)
Boston Celtics (2015)
Detroit Pistons (2015)
Minnesota Timberwolves (2015–2016)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2004)

Tayshaun Durell Prince, nado o 28 de febreiro de 1980 en Compton, California, é un ex xogador de baloncesto estadounidense.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Prince foi elixido na 23ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Detroit Pistons, onde chegou a ser campión da NBA na tempada 2003-04 tras gañar por 4-1 ós Los Angeles Lakers.

O 30 de xaneiro de 2013, Prince foi traspasado xunto a Austin Daye ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Rudy Gay e Hamed Haddadi ós Toronto Raptors, a José Calderón ós Pistons e a Ed Davis ós Grizzlies.[1]

O 12 de xaneiro de 2015, Prince foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre tres equipos.[2] O 26 de xaneiro de 2015, fixo o seu debut cos Celtics, facendo 19 puntos e 5 asistencias en 30 minutos de xogo na vitoria de Boston por 99-90 contra os Utah Jazz.[3]

O 19 de febreiro de 2015, Prince foi traspasado ós Detroit Pistons a cambio de Luigi Datome e Jonas Jerebko.[4]

O 20 de agosto de 2015, Prince asinou cos Minnesota Timberwolves.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Grizzlies acquire Tayshaun Prince, Austin Daye, Ed Davis and 2013 second round draft pick in three-team deal". NBA.com. 30 de xaneiro de 2013. Consultado o 18 de xullo de 2020. 
  2. Boston Celtics Complete Three-Team Trade
  3. Prince helps Celtics edge Jazz 99–90
  4. "Detroit Pistons Acquire Tayshaun Prince From Boston". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2020. 
  5. "Timberwolves Sign Tayshaun Prince". NBA.com. 20 de agosto de 2015. Consultado o 20 de agosto de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]