Guano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
. Reserva Nacional de Paracas, Perú.
Illas guaneras en Chincha, Perú. 21.2.1863
Guano de morcego nun hotel abandonado en Cacahuamilpa, México.

Guano (quechua: wanu) é o nome que se lle dá aos excrementos de morcegos e aves mariñas cando estes se acumulan. Para iso requírese tamén dun clima árido ou de escasa humidade.[Cómpre referencia]

Está composto de amoníaco, ácido úrico, fosfórico, oxálico e ácidos carbónicos, sales e impurezas da terra. Ten cor avermellada cando provén dos xacementos do plioceno e o plistoceno, e é amarelado cando é de formación recente.

Pode ser utilizado como un fertilizante efectivo debido aos seus altos niveis de nitróxeno e fósforo. A partir da concentración de devanditos compoñentes tamén se pode elaborar o superfosfato. [Cómpre referencia]

O guano colléitase de varias illas e illotes do océano Pacífico, particularmente do Perú e noutros océanos (por exemplo a illa Juan de Nova). Estas illas foron o fogar de colonias de aves mariñas por séculos, e o guano acumulado ten moitos metros de profundidade.[Cómpre referencia]

O guano das illas, particularmente o das illas Chincha no Perú, foi explotado no século XIX e principios do século XX e foi o seu gran produto de exportación durante moito tempo.[Cómpre referencia]

A partir do ano 1845 comezouse a explotarse, e polas súas propiedades como fertilizante era importado por países como Inglaterra e os Estados Unidos.

O guano peruano segue tendo gran demanda por ser un fertilizante natural e pola tendencia a efectuar "boas prácticas agrícolas", ao ir eliminando da agricultura moderna, pesticidas e fertilizante sintéticos e substituílos por outros biodegradables, dentro dos cales está o guano das illas.