Arturo Rial
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Noia, España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de rally, empresario |
Deporte | rally |
Arturo Rial Tubío, nado en Noia en 1956,[1] é un expiloto galego de rally. Gañou tres veces o Campionato de Galicia de Rally (en 1989, 1991 e 1993).[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a competir cun Ford Fiesta, co que disputou varias probas do Campionato de Galicia, e logo correu media tempada cun Renault 5 GT Turbo. Pero a marca coa que logrou os seus maiores éxitos foi Citroën, chegando a ser piloto oficial desta.[1]
Cun Citroën AX Sport proclamouse campión galego en 1989, 1991 e 1993, anos nos que tivo como rivais máis importantes a Germán Castrillón e Manuel Senra. Ademais en 1989 gañou o Challenge Citroën do Campionato de España.[3] En 1994 comezou a competir cun Citroën ZX 16V, co que gañou o Rally Botafumeiro de 1994 e co que correu ata 1998, cando pasou a pilotar un Citroën Saxo VTS, ata a súa retirada en 2001.
Durante a súa carreira tivo varios copilotos, entre eles Wenceslao Blanco, Juan Brun, Mario Pazos, Juan Carlos Arias e Luis Fernández.[4]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Resultados no Campionato de Galicia
[editar | editar a fonte]Ano | Copiloto | Vehículo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1988 | Mario Pazos | Citroën AX Sport | VIG | BOT 4 |
NOI Ret |
LAC | OUR | CDC | RBX | FER 6 |
COR Ret |
||||
1989 | Wenceslao Blanco | Citroën AX Sport | VIG 5 |
NOI 2 |
LAC 3 |
OUR | CRI 9 |
RBX | SFR 5 |
FER 3 |
1º | ||||
1990 | Mario Pazos | Citroën AX Sport | VIG Ret |
NOI Ret |
LAC | OUR Ret |
BOT | RBX Ret |
CRI Ret |
SFR 3 |
COR | FER | |||
1991 | Mario Pazos | Citroën AX Sport | SIL 9 |
NOI 2 |
LAC | OUR 13 |
BOT 1 |
RBX 7 |
COR Ret |
VIG 4 |
SFR 2 |
RMV Ret |
FER | 1º | |
1992 | Juan Carlos Arias | Citroën AX Sport | ALB | NOI 3 |
LAC | FER | RBX | COR Ret |
OUR | RMV | |||||
1993 | Juan Carlos Arias | Citroën AX Sport | ALB 2 |
NOI 3 |
LAC 3 |
FER | OUR 7 |
SFR 8 |
RBX 2 |
BOT 1 |
COR 6 |
RMV 4 |
1º | 1127 | |
1994 | Juan Carlos Arias | Citroën AX Sport | ALB Ret |
NOI Ret |
FER 5 |
OUR Ret |
SFR | RMV 2 |
NAR 4 |
RBX | LAC 1 |
BOT 1 |
COR Ret |
||
1995 | Juan Carlos Arias | Citroën ZX 16V | ALB | NOI | LAC 3 |
OUR 7 |
BOT 4 |
NAR 3 |
RBX Ret |
SFR Ret |
COR Ret |
FER 3 |
|||
1996 | Juan Carlos Arias | Citroën ZX 16V | ALB | NOI | LAC | BOT | NAR 2 |
OUR Ret |
LAL | RBX Ret |
POR | FER | COR 7 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Arturo Rial, tricampeón gallego de rallies". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de febreiro de 1994. p. 54.
- ↑ "Anuario 2020" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 1989" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020.
- ↑ "Perfil de Arturo Rial". www.ewrc-results (en inglés). Consultado o 4 de agosto de 2020.