Saltar ao contido

La Roda Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Roda
NomeLa Roda Club de Fútbol
Fundación1999
EstadioEstadio Municipal,
La Roda, España
Inauguración2002
Capacidade3.500
PresidenteEspaña Juan Francisco Toboso
AdestradorEspaña Pato García
Liga3ª – Grupo 18
2016–1720º (2ªB – Grupo 4)
Patrocinadorpattern_la1=
Titular
Alternativo

La Roda Club de Fútbol é un club de fútbol español da cidade de La Roda, na provincia de Albacete. Foi fundado en 1999 e actualmente xoga no grupo XVIII da Terceira División.

La Roda CF foi fundado en 1999 con sucesor de varias entidades previas, comezou disputando a 2ª Rexional de Castela-A Mancha, conseguindo dous ascensos consecutivos a 1ª Rexional na 99/00 e a 3ª División na 2000/2001.

Na tempada 2003/04 disputou por primeira vez a fase de ascenso a Segunda División B, superando en primeira rolda ao Granada Club de Fútbol e caendo na final fronte ao Díter Zafra.

Na tempada 2009/10, La Roda proclamouse vencedora por primeira vez na súa historia do grupo XVIII da 3ª División, e volveu disputar a fase de ascenso, na que foi eliminado polo Coruxo Fútbol Club. Como campión de 3ª na tempada anterior, disputou por primeira na súa historia unha eliminatoria de Copa do Rei de fútbol na tempada 2010/2011 sendo eliminado a primeira eliminatoria polo CD Alcalá.

Na tempada 2010/11, acaba na 3ª posición, disputando a fase de ascenso a Segunda División B e conseguindo o mesmo tras eliminar consecutivamente a UP Langreo, CF Pozuelo de Alarcón e San Fernando CD.

  • Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul e medias azuis.

O campo de xogo onde o equipo disputa os seus partidos como local é o Estadio Municipal de Deportes de La Roda, con capacidade para 3.500 espectadores, inaugurado en 2002.

Datos do club

[editar | editar a fonte]
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 6
  • Tempadas en : 11 (incluída a 2017/18)
  • Mellor posto na liga: 9º (Segunda B, 2011-12)

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]