Mazarrón
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Rexión de Murcia | ||||
| Capital | Mazarrón | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 35.449 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 319 km² | ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
| Altitude | 55 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Ginés Campillo Méndez | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 30870 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 30026 | ||||
| Sitio web | mazarron.es | ||||
Mazarrón é un municipio da Rexión de Murcia, pertencente á comarca do Bajo Guadalentín. Componse de dous núcleos: Puerto de Mazarrón, que é onde se atopan as praias e o turismo, e Mazarrón, que é o centro urbano.
Limita cos municipios de Cartagena e Fuente Álamo de Murcia ao leste, cos de Alhama de Murcia e de Totana ao norte, co de Lorca ao oeste e co mar Mediterráneo ao sur. Ten unha extensión de 318,7 km² e unha poboación de 34.351 habitantes en todo o municipio (segundo INE 2008). Atópase a 25 metros sobre o nivel do mar e dista 70 km da capital da Rexión, Murcia. Mazarrón e Puerto de Mazarrón teñen unha importante oferta turística e gastronómica.
En Puerto de Mazarrón atopáronse os barcos fenicios máis antigos do mundo, concretamente na Praia da Illa.
