Arciprestado de Deza-Trasdeza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón

O arciprestado de Deza-Trasdeza é un dos actuais 14 arciprestados da diocese de Lugo, que comprende 89 parroquias de concellos da comarca do Deza. Xurdiu da unión dos arciprestados de Deza e de Trasdeza no 2010.

Situación[editar | editar a fonte]

Situado na parte máis occidental da diocese lucense, engloba a práctica totalidade do concello de Silleda e de Lalín e todas as de Dozón, ademais de catro de Vila de Cruces.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Dozón[editar | editar a fonte]

Pertencen todas as parroquias do concello: Santa María de Bidueiros, San Salvador do Castro, Santa María de Dozón, San Remixio das Maceiras, Santiago de Saa, Santa María de Sanguiñedo, San Xoán do Sisto e Santo André de Vilarello.

Lalín[editar | editar a fonte]

Pertencen 46 das 48 parroquias deste concello. Son as seguintes: Santa María de Albarellos, Santiago de Anseán, San Xoán de Anzo, Santo Estevo de Barcia, San Miguel de Bendoiro, Santa María de Bermés, San Xoán de Botos, San Facundo de Busto, Santo Estevo de Cadrón, San Critovo de Camposancos, Santa Mariña de Cangas, Santiago de Catasós, San Martiño do Cello, Santiago de Cercio, San Xurxo de Cristimil, San Pedro de Doade, Santa María de Donramiro, Santa Baia de Donsión, Santa María de Filgueira, San Miguel de Galegos, San Miguel de Goiás, Santiago de Gresande, Santa María das Dores de Lalín, Santiago de Lebozán, San Paio de Lodeiro, Santa Baia de Losón, San Martiño de Maceira, Santo Adrao de Madriñán, Santiago de Méixome, San Lourenzo de Moimenta, Santo Adrao de Moneixas, Santa María de Noceda, San Xoán de Palmou, Santa María de Parada, San Martiño de Prado, San Xiao de Rodís, San Román de Santiso, Santiago de Sello, Santa María de Soutolongo, Santo André de Val do Carrio, San Ramón da Veiga, San Xoán de Vilanova, San Lourenzo de Vilatuxe, Santa María da Saleta de Xaxán, San Fiz da Xesta e Santa Mariña de Zobra.

Silleda[editar | editar a fonte]

Pertencen a el 31 das 33 parroquias do concello, xa que Santa Baia de Cira e San Martiño de Dornelas depende da arquidiocese de Santiago de Compostela. Son, entón, Santa María de Abades, San Pedro de Ansemil, Santiago de Breixa, Santa María de Carboeiro, San Mamede do Castro, San Salvador de Cervaña, San Cibrao de Chapa, Santa María de Cortegada, San Salvador de Escuadro, San Martiño de Fiestras, Santa María de Graba, San Miguel de Lamela, San Salvador de Laro, San Tirso de Manduas, San Fiz de Margaride, San Cristovo de Martixe, San Mamede de Moalde, San Martiño de Negreiros, San Miguel de Oleiros, San Tomé de Parada, San Martiño de Pazos, San Xiao de Piñeiro, San Miguel de Ponte, San Paio de Refoxos, San Martiño de Rellas, San Xoán de Saídres, San Miguel de Siador, Santa Baia de Silleda, Santiago de Taboada, San Martiño de Vilar e Santa María de Xestoso.

Vila de Cruces[editar | editar a fonte]

Pertencen a el catro parroquias de 28: Santiago de Fontao, Santa María de Merza, San Pedro de Losón e San Xoán de Toiriz.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]