Cervaña, Silleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cervaña
Igrexa de San Salvador de Cervaña, Silleda.JPG
Igrexa de San Salvador de Cervaña.
Concello Silleda
Poboación 117 hab. (2011)
Entidades de poboación 5

San Salvador de Cervaña é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 117 habitantes (57 mulleres e 60 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes.

Historia e patrimonio[editar | editar a fonte]

Destaca na historia de Cervaña a liñaxe dos Fernández de Deza e Taboada, que recibiron o título de Patrón de Cervaña. Estes construíron a carón da igrexa a súa capela funeraria.

Pola parroquia cruza o viaduto de Reguenga, da AP-53, e nela sitúase unha das estacións de pago de peaxe.

Nesta parroquia naceu o relixioso Andrés Aguiar Caamaño, que chegou a ser bispo de Mondoñedo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cervaña[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cervaña no concello de Silleda (Pontevedra)

Alfonsiños | A Cova | Ouzande | Reguenga | Requeixo

Parroquias de Silleda[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda

Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]