Manolo Romón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manuel M. Romón»)
Infotaula de personaManolo Romón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , actor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1645928 AELG: 82 Musicbrainz: c01502a3-12c8-4fd0-88c8-83cba019cd99 Editar o valor em Wikidata

Manuel María Romón Alonso, coñecido como Manolo Romón, nado en Vigo en 1956, é un actor, presentador e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Conduciu un espazo literario Libro aberto na TVG e participou como actor, desde 2005 ao 2013, na teleserie da mesma canle Libro de familia, onde interpretou o papel de Don Venancio.

Na súa traxectoria profesional televisiva destacan as súas colaboracións no espazo infantil Xabarín Club ou o programa concurso Todos a bordo, do que foi presentador a finais dos 90 entre outros proxectos. Como actor participou en 2001 na serie Fíos.

En canto á súa faceta literaria, foi membro do Grupo Rompente (no que coincidiu con Antón Reixa, Alberto Avendaño e Alfonso Pexegueiro), co que participou na escritura dos libros colectivos Silabario da turbina (1978), A dama que fala (1983) e Upalás (1998).

É un bo amigo do grupo musical vigués Siniestro Total, co que ten colaborado en varias ocasións. Con algúns dos seus compoñentes coincidiu na banda predecesora do conxunto liderado por Julián Hernández, Mari Cruz Soriano y los que afinan su piano.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Desaparece libro aberto da TVG

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]