Mikel Erentxun
Mikel Erentxun | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de febreiro de 1965 |
Lugar de nacemento | Caracas |
Nacionalidade | España |
Ocupación | cantante, produtor musical, compositor, compositor de cancións e guitarrista |
Na rede | |
http://www.mikelerentxun.ws | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mikel Erentxun Acosta, nado en Caracas (Venezuela) o 23 de febreiro de 1965, é un cantautor vasco, máis coñecido como Mikel Erentxun. Residente en Donostia dende 1973, foi o vocalista de Duncan Dhu xunto a Diego Vasallo (e anteriormente Juan Ramón Viles) antes de comezar a súa carreira en solitario.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mikel Erenchun foi o vocalista do grupo Duncan Dhu xunto a Diego Vasallo e anteriormente con Juan Ramón Viles. Editaron o seu primeiro álbum titulado Por tierras escocesas en 1985, e estiveron en activo até o ano 2001, no que publicaron Crepúsculo, conformando un dos grandes grupos dos anos oitenta. Fixeron varias recompilacións dos seus grandes éxitos, e tamén lles fixeron o disco tributo Cien gaviotas donde irán… un tributo a Duncan Dhu, no que colaboraron, entre outros, Los Secretos, La Cabra Mecánica, Carlos Goñi, Amaia Montero, Leiva, Andrés Calamaro, Hombres G e Álex Ubago.
En 2013, Duncan Dhu volveron á escena co álbum de estudio El duelo e o álbum recompilatorio 1, facendo unha nova xira por España e o estranxeiro.
Discografía[editar | editar a fonte]
- Naufragios - 1992
- El abrazo del erizo - 1995
- Acróbatas - 1998
- 7 años (Só nos Estados Unidos) - 2000
- Te dejas ver - 2000
- Ciudades de paso - 2003
- Éxitos - 2004
- El corredor de la suerte - 2006
- Tres noches en el Victoria Eugenia - 2008
- Detalle del miedo - 2010
- 24 golpes + Eléctrica PKWY - 2012
- Corazones - 2015
- Corazón Salvaje EP - 2015
- El Hombre sin Sombra - 2017