Rosendo Mercado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rosendo
Rosendo - 09.jpg
Rosendo no 2012
Nome completoRosendo Mercado Ruiz
Nacemento23 de febreiro de 1954 (66 anos)
Madrid, Madrid Comunidade de Madrid
OrixeMadrid
Ocupacióncantante, compositor e guitarrista
XéneroHard rock, rock urbano
Instrumento(s)voz, Guitarra
Relacionado conLeño, Ñu
Tempo en activo1972 - actualidade
Na rede
http://www.rosendo.es
editar datos en Wikidata ]

Rosendo Mercado Ruiz (Madrid, 23 de febreiro de 1954) é un guitarrista, cantante e compositor español de rock . Formou parte dos grupos Ñu e Leño e é considerado un dos máis importantes representantes do rock español.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros pasos[editar | editar a fonte]

Rosendo naceu no barrio madrileño de O'Donnell, fillo de emigrantes procedentes de Bolaños de Calatrava.[1] Medrou no distrito de Carabanchel, onde aínda reside. Logo de abandonar os estudos na escola de enxeñería ICAI, en 1972 incorpórase como guitarrista a Fresa, un conxunto que tocaba versións de cancións de moda, acompañando tamén a solistas. Despois de varios cambios, como a incorporación do cantante José Carlos Molina, a banda pasou a denominarse Ñu. En 1974 Rosendo descubriu a música de Rory Gallagher, que influíu nel, xunto a outros grupos como Jethro Tull, Canned Heat, Cream, Deep Purple ou Black Sabbath, nas súas creacións posteriores.

Etapa en Leño[editar | editar a fonte]

Despois de realizar o servizo militar obrigatorio en 1975, participou na gravación do primeiro disco de Ñu. As relacións con José Carlos Molina non eran boas e en 1977 Rosendo abandonou a formación para crear Leño. Con el fóronse Chiqui Mariscal, que tocaba o baixo, e Ramiro Penas como batería.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums con Leño[editar | editar a fonte]

Álbums en solitario[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbums en directo[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El cantante Rosendo se reencontró con Bolaños 11 años después" [O cantante Rosendo Mercado reencontrouse con Bolaños 11 anos despois]. miciudadreal.es (en castelán). 10 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2009. Consultado o 22 de agosto de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • BABAS, Kike, y TURRÓN, Kike. La Sana Intención. Conversaciones con Rosendo. Zona de Obras / SGAE. Madrid, 2003
  • FERNÁNDEZ, Iñaki. Rosendo. Historia del rock urbano. Editorial La máscara. Valencia, 1997. ISBN 84-7974-250-X.
  • VV.AA. Rosendo. Publicaciones y Ediciones SGAE. Madrid, 1997.
  • Revista Efe Eme, nº 68, maio de 2005

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]