Saltar ao contido

Nación Reixa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nación Reixa
OrixeGaliza e País Vasco , España España
Período1993 - 1997
Xénero(s)rock
funk
Selo(s) discográfico(s)DRO, Esan Ozenki
MembrosAntón Reixa
Kaki Arkarazo
Mikel Abrego
Antigos membrosNon
Na rede
Non
Musicbrainz: af07131a-8013-4cff-b591-9b30aacb5ec3 Editar o valor en Wikidata

Nación Reixa foi un grupo vasco-galego da década dos 90.

O proxecto xurdiu da colaboración entre os músicos Kaki Arkarazo (M-ak, Negu Gorriak) e Antón Reixa (Os Resentidos). En 1997 incorporuse Mikel Abrego (Bap!!, Negu Gorriak, actualmente en Inoren Ero Ni, á batería. Publicaron dous discos: Alivio Rápido e Safari Mental.

Disolvéronse en 1997, pero a colaboración entre ámbolos músicos continuou na produción e colaboración activa por parte de Kaki no disco Escarnio de Antón.

Todo comezou en 1993, cando o músico vasco Kaki Arkarazo produce o disco Ya Están Aquí (Gasa) do grupo galego Os Resentidos, no que cantaba Antón Reixa. Kaki e Antón propóñense gravar algo xuntos. Ese mesmo ano disólvense Os Resentidos e os dous músicos comezan a intercambiar material (textos e bases programadas) en cintas. Antón marcha a Donostia a gravar ao estudio caseiro de Kaki. Así conseguen publicar o seu primeiro disco para a multinacional DRO (Alivio Rápido), que aparece no mercado nunha dobre edición en castelán e galego. Kaki encárgase de tocar tódolos instrumentos, e Antón pon os textos. Xuntos traballan nas programacións e samplers. No disco mesturan rock, funk e acid jazz.

En 1997 aparece o segundo traballo de Nación Reixa, Safari Mental. Malia o bo trato recibido en DRO, deciden cambiar por unha compañía máis pequena para moverse máis cómodos. O disco termínao editando Esan Ozenki-Gora Herriak, discográfica que creou o grupo Negu Gorriak e da que, polo tanto, era socio Kaki. Coa incorporación de Mikel Abrego á batería, pasan de dúo a trío. O disco publicase exclusivamente en galego. Aparecen un puñado de colaboradores como Drake (baixista de Bap!!, tamén en Inoren Ero Ni), Javi P3Z (DJ, membro de Parafünk ou Instrümental), Izaskun Forkada e Mikel Kazalis, ambos no grupo de rock industrial 2 Kate, o segundo membro do grupo de thrash metal Anestesia, de Negu Gorriak e actualmente de Kuraia, e Mikel Azpiroz ao órgano. Os sons volven á mestura coa que gravaron o seu anterior álbum, profundizando no funk máis bailable. No disco aparece unha relectura do tema "Denok Gara Malcom X" que compuxeran Reixa e Arkarazo para Borreroak Baditu Milaka Aurpegi, de Negu Gorriak. Durante este ano dan máis de vinte concertos por España. Ademais, participan no recompilatorio pola oficialidade do idioma asturiano L'asturianu muévese, gravando o tema "Gripe" (de Safari Mental) nese idioma.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Alivio Rápido (DRO, 1994)
  • Safari Mental (Esan Ozenki-Gora Herriak, 1997)