Bell 412
| Bell 412 | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Subclase de
| |
|
Baseado en
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Desenvolvedor
| |
|
Operador/a
| |
| Produción | |
|
Fabricante
| |
|
Total producido
| |
| Características | |
|
Identificador militar
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Primeiro voo
| |
|
Entrada en servizo
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
|
Descrito pola fonte
| |
| Wikidata G:Commons C:Commons |
O Bell 412 é un helicóptero utilitario da familia Huey fabricado por Bell Helicopter. Desenvolveuse a partir do Bell 212 e a súa principal diferenza é un rotor principal con catro pas de materiais compostos.
Deseño e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O seu desenvolvemento comezou a finais dos anos 70 con dous Bell 212 convertidos en prototipos do 412. Un avanzado rotor principal de menor diámetro con catro pas substituíu o de dúas pas do 212. O primeiro prototipo fixo o seu voo de estrea en agosto de 1979 e o modelo inicial foi certificado en xaneiro de 1981, emprezando as entregas ese mesmo mes.[1] O modelo 412 model foi seguido pola versión 412SP (Special Performance), que contaba con máis capacidade de combustible, un maior peso máximo de engalaxe, e configuracións opcionais de asentos. En 1991 chegou o 412HP (High Performance), cunha transmisión mellorada, que substituíu a versión SP na produción.[1] A seguinte variante foi o 412EP (Enhanced Performance), equipada cun sistema automático de control dixital dual. En 2013 Bell introduciu o 412EPI cun control electrónico para o motor mellorado PT6T-9, e un sistema de visualización de cristal na cabina semellante ao do Bell 429. Tamén conta cun sistema de navegación Garmin con pantalla táctil, e coas melloras BLR Strake e Fast Fin para aumentar o rendemento do aparello mentres permanece inmóbil.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Bell 412". Airliners.net. Consultado o 2020-12-04.
- ↑ "Bell 412". Bell Flight (en castelán). Consultado o 2020-12-04.