82ª edición dos Oscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A 82ª edición dos Oscar, presentada pola Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2009 e celebrouse o 7 de marzo de 2010 no Teatro Kodak en Hollywood, Os Ánxeles. A cerimonia celebrouse bastante despois das datas acostumadas de febreiro para evitar conflitos cos Xogos Olímpicos de Vancouver 2010.[1] Durante a cerimonia, Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia foi televisada nos Estados Unidos pola ABC. Os actores Alec Baldwin e Steve Martin presentaron o espectáculo. Martin presentou por terceira, pois xa o fixera na 73ª edición e na 75ª, mentres que Baldwin presentou por vez primeira. Esta foi a primeira en ter transmisión televisiva con múltiples presentadores dende a 59ª edición[2]

O 24 de xuño de 2009, o presidente da Academia Sid Ganis anunciou nunha conferencia de prensa que, coa finalidade de revitalizar os premios, a cerimonia de 2010 tería dez nomeados ó Mellor filme no canto de cinco,[3] unha práctica que desapareceu despois da 16ª edición (celebrada en 1944). O 20 de febreiro de 2010, nunha cerimonia no Beverly Wilshire Hotel en Beverly Hills, os Oscar á técnica foron presentados por Elizabeth Banks.[4]

En terra hostil gañou seis premios, incluído Mellor filme e Mellor director para Kathryn Bigelow, a primeira muller en gañar o Oscar ó mellor director.[5] Outros gañadores foron Avatar con tres galardóns, Crazy Heart, Precious: Based on the Novel "Push" by Sapphire e Up, con dous premios. The Cove, Inglourious Basterds, Un soño posible, Logorama, Music by Prudence, The New Tenants, El secreto de sus ojos, Star Trek e The Young Victoria gañaron cadanseu premio. O evento tivo preto de 42 millóns de espectadores (en Norte América), sendo a audiencia máis alta dende a 77ª edición dos Oscar no 2005.

Gañadores e nomeados[editar | editar a fonte]

Os nomeados da 82ª edición dos Oscar foron anunciados o 2 de febreiro de 2010 no Samuel Goldwyn Theater en Beverly Hills por Tom Sherak, presidente da Academia, e a actriz Anne Hathaway.

Os filmes con máis nomeamentos foron Avatar e En terra hostil, con nove cada un. Os gañadores foron anunciados durante a cerimonia de entrega o 7 de marzo de 2010.[6][7]

Premios[editar | editar a fonte]

Kathryn Bigelow, Mellor directora.
Jeff Bridges, Mellor actor.
Sandra Bullock, Mellor actriz.
Christoph Waltz, Mellor actor secundario.
Mo'Nique, Mellor actriz secundaria.
Mark Boal, Mellor guión orixinal.
Pete Docter, Mellor filme de animación.

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[8]

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor filme de animación Mellor filme en lingua non inglesa
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada
  • The New Tenants – Joachim Back e Tivi Magnusson
    • The Door – Juanita Wilson e James Flynn
    • Instead of Abracadabra – Patrik Eklund e Mathias Fjellström
    • Kavi – Gregg Helvey
    • Miracle Fish – Luke Doolan e Drew Bailey
Mellor banda sonora Mellor canción orixinal
Mellor edición de son Mellor son
Mellor dirección de arte Mellor fotografía
Mellor maquillaxe Mellor deseño de vestiario
Mellor montaxe Mellores efectos visuais

Premios da Academia Honoríficos[editar | editar a fonte]

A academia celebrou a súa primeira cerimonia anual Premios Gobernadores o 14 de novembro de 2009, na que foron presentados os seguintes premios.[9][10][11]

Oscar honorífico[editar | editar a fonte]

Premio en memoria de Irving G. Thalberg[editar | editar a fonte]

Predecesor:
81ª edición dos Oscar
Premios Oscar
82ª edición dos Oscar
Sucesor:
83ª edición dos Oscar

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hedley, Caroline (March 26, 2009). "Oscars ceremony moved to prevent clash with Winter Olympics". The Daily Telegraph (London: Telegraph Media Group). Consultado o March 13, 2010. 
  2. Marc Graser (November 3, 2009). "Steve Martin and Alec Baldwin to Co-host the Oscars". RBI (Variety). Arquivado dende o orixinal o 11 February 2010. Consultado o March 4, 2010. 
  3. "82nd Academy Awards to Feature 10 Best Picture Nominees". AMPAS. AMPAS. June 24, 2009. Arquivado dende o orixinal o 8 April 2010. Consultado o April 9, 2010. 
  4. Tom O'Neil (February 12, 2010). "Elizabeth Banks to emcee sci-tech Oscars". Los Angeles Times (Tribune Company). Arquivado dende o orixinal o 17 February 2010. Consultado o March 4, 2010. 
  5. King, Susan (March 8, 2010). "'Hurt Locker' wins best picture". Los Angeles Times (Tribune Company). Arquivado dende o orixinal o 30 April 2010. Consultado o May 6, 2010. 
  6. "Nominees & Winners for the 82nd Academy Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado dende o orixinal o 9 March 2010. Consultado o March 11, 2010. 
  7. "List of Academy Award nominations". CNN (CNN.com). February 2, 2010. Arquivado dende o orixinal o 3 February 2010. Consultado o February 3, 2010. 
  8. "The 82nd Academy Awards (2010) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o November 11, 2011. 
  9. "Bacall, Calley, Corman, and Willis to Receive Academy's Governors Awards". AMPAS. AMPAS. Consultado o October 8, 2010. 
  10. "Honorary Academy Awards - Oscar Statuette & Other Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado dende o orixinal o 8 April 2010. Consultado o April 6, 2010. 
  11. "Irving G. Thalberg Memorial Award - Oscar Statuette & Other Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado dende o orixinal o 8 April 2010. Consultado o April 6, 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]