Steve Martin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Steve Martin
Steve Martin 2011.jpg
Steve Martin no 2011.
Nome completoStephen Glenn Martin
Nacemento14 de agosto de 1945 (73 anos)
LugarWaco, Texas, Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAnglo-americano, French American, xermanos estadounidense, irlandoamericano e escocés-americano
Cónxuxe(s)Victoria Tennant e Anne Stringfield
ProfesiónActor, humorista, músico, escritor e produtor
Steve Martin signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Stephen Glenn "Steve" Martin, nado o 14 de agosto de 1945 en Waco, Texas, é un humorista, actor, dramaturgo e guionista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Martin medrou no sur de California, traballou de neno en Disneyland (1955-1958) e como humorista no parque de atraccións Knott's Berry Farm, comezou a facerse coñecido como guionista da Smothers Brothers Comedy Hour (1967-1969) polo que cos outros guionistas gañou un Emmy en 1969. A mediados da década de 1970 foi un convidade frecuente en The Tonight Show cun humor absurdo. Con Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band (1978) comezou a súa carreira como actor, salientando en Pennies from Heaven (1981), All of Me (1984), Roxanne (1987), Parenthood (1989), Father of the Bride (1991), Father of the Bride Part II (1995) ou Cheaper by the Dozen (2003). En 1993 estreou a súa primeira obra de teatro Picasso at the Lapin Agile. No ano 2000 publicou a novela curta Shopgirl, seguíndolle The Pleasure of My Company (2003) e o libro de memorias Born Standing Up (2007).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]