Saltar ao contido

Roger Corman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoger Corman

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Roger William Corman Editar o valor en Wikidata
5 de abril de 1926 Editar o valor en Wikidata
Detroit Editar o valor en Wikidata
Morte9 de maio de 2024 Editar o valor en Wikidata (98 anos)
Santa Monica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Stanford - enxeñaría industrial (–1947)
High School de Beverly Hills (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, produtor, escritor, realizador, actor, militar, guionista de cinema, actor de televisión, actor de cinema, guionista, produtor de cinema, oficial Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata - 2024 Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJeff Corey Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Participou no conflitoSegunda Guerra Mundial Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalGeorge Armitage Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJulie Corman (1970–2024), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
IrmánsGene Corman Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0000339 Allocine: 7127 Rottentomatoes: celebrity/roger_corman Allmovie: an9534 TCM: 39233 TV.com: people/roger-corman IBDB: 112488
BNE: XX1102070 Musicbrainz: 86ac3ba4-b02d-4520-89b6-2e371f70c174 Discogs: 2886993 WikiTree: Corman-376 Tebeosfera: corman_roger_william Editar o valor en Wikidata

Roger William Corman, nado en Detroit (Míchigan) o 5 de abril de 1926 e finado o 9 de maio de 2024 foi un produtor e director de cinema de culto estadounidense, coñecido polos seus numerosos filmes de pouco orzamento. Baixo a súa dirección comezaron no cinema moitos directores recoñecidos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa carreira comezou con westerns como Five Guns West, co que debutou como director en 1955 ou Apache Woman, mentres que os seus primeiros pasos no cinema de terror e na ciencia ficción deunos con Swamp Women e Day the World Ended. Entre os seus filmes máis coñecidos destacan os baseados en contos de Edgar Allan Poe producidos pola American International Pictures (A.I.P.), incluíndo A caída da casa Usher (1960), O pozo e o péndulo (1961), O corvo (1963) e A máscara da morte vermella (1964). Na meirande parte destes filmes o protagonista era o actor Vincent Price e algúns papeis secundarios foron interpretados por actores novos e entón descoñecidos, como Jack Nicholson[1] ou na decadencia da súa popularidade, como Boris Karloff. Calcúlase que produciu máis de trescentos filmes, dirixindo preto de cincuenta deles.

Un dos seus filmes, Not of This Earth (1957), reúne vampirismo e invasión alieníxena. Trinta anos despois produciu ao seu fan Jim Wynorski unha nova versión do mesmo, protagonizado pola ex-estrela do cinema pornográfico Traci Lords.

Entre os directores que traballaron con Corman no inicio das súa carreiras están Francis Ford Coppola, Martin Scorsese, Ron Howard, Peter Bogdanovich, Jonathan Demme, James Cameron e John Sayles. Moitos recoñecen que Corman lles influíu fondamente no seu xeito de facer cinema. Actores como Jack Nicholson, Peter Fonda, Bruce Dern, Dennis Hopper e Robert De Niro tamén comezaron traballando con Corman.

A súa autobiografía, publicada en 1990, titúlase How I Made a Hundred Movies in Hollywood and Never Lost a Dime (“Como realicei un cento de filmes en Hollywood e nunca perdín un centavo”) e documenta a súa experiencia na industria cinematográfica.

Corman faleceu na súa casa de Santa Monica o 9 de maio de 2024 con 98 anos de idade

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Filme
Ano Título Contribución Notas
1954Monster from the Ocean FloorProdutor
Actor ("Tommy") (sen acreditar)[2]
Dirixido por Wyott Ordung
1955Swamp WomenDirector
1955Five Guns WestDirector
Presentador[2]
1955The Beast with a Million EyesDirector (sen acreditar)[2]Dirixido por David Kramarsky
1955Apache WomanDirector
1955Day the World EndedDirector
1955The Fast and the FuriousProdutor
Stunt driver (sen acreditar)
Actor ("Roadblock State Trooper") (sen acreditar)[2]
Dirixido por John Ireland
1956The Oklahoma WomanDirector
1956GunslingerDirector
Presentador[2]
1956It Conquered the WorldDirector
1957Naked ParadiseDirector
Actor ("Office Worker")[2]
1957Carnival RockDirector
1957Not of This EarthDirector
1957Attack of the Crab MonstersDirector
1957The UndeadDirector
1957Rock All NightDirector
1957Teenage DollDirector
1957Sorority GirlDirector
1957The Saga of the Viking Women and Their Voyage to the Waters of the Great Sea SerpentDirector
1958I, MobsterDirector
1958War of the SatellitesDirector
Actor ("Ground Control")[2]
1958Machine-Gun KellyDirector
1958Hot Car GirlActor ("Cop Who Finds Note") (sen acreditar)[2]
1958Teenage Cave ManDirector
1958The Cry Baby KillerActor ("Joe - TV Truck Man") (sen acreditar)[2]
1958She Gods of Shark ReefDirector
1959Un caldeiro de sangueDirector
1960Ski Troop AttackDirector
Actor ("German Soldier Entering Cabin") (sen acreditar)[2]
1960Battle of Blood IslandActor ("Soldier on Hilltop") (sen acreditar)[2]
1960The Wasp WomanDirector
Actor ("Doctor in the Hospital") (sen acreditar)[2]
1960A caída da casa UsherDirector
1960The Little Shop of HorrorsDirector
1960Last Woman on EarthDirector
1961AtlasDirector
Actor ("Greek Soldier") (sen acreditar)[2]
1961Creature from the Haunted SeaDirector
Boom operator (sen acreditar)[2]
1961O pozo e o pénduloDirector
1962A teimaDirector
1962The IntruderDirector
1962Historias de terrorDirector
1962Tower of LondonDirector
1963The Young RacersDirector
1963O corvoDirector
1963The TerrorDirector
1963O pazo encantadoDirector
1963O home cos raios X nos ollosDirector
1963Dementia 13ProdutorDirixido por Francis Ford Coppola
1964A máscara da morte vermellaDirector
1964The Secret InvasionDirector
1964A tumba de LigeiaDirector
1965Voyage to the Prehistoric PlanetProdutorDirixido por Curtis Harrington
1966Os anxos do infernoDirector
1966Blood BathProdutor
Actor ("Antonio Sordi") (sen acreditar)[2]
Dirixido por Jack Hill e Stephanie Rothman
1967A cabalgada dos malditosDirector (sen acreditar)[2]Dirixido por Phil Karlson
1967The St. Valentine's Day MassacreDirector
1967The TripDirector
1968TargetsProdutorDirixido por Peter Bogdanovich
1968The Wild RacersDirector (sen acreditar)[2]Dirixido por Daniel Haller
1969De SadeDirector (sen acreditar)[2]Dirixido por Cy Endfield
1969Target: HarryDirector (como Henry Neill)[2]
1970Bloody MamaDirector
1970The Dunwich HorrorProdutorDirixido por Daniel Haller
1971Gas-s-s-sDirector
1971O Barón VermelloDirector
1972Boxcar BerthaProdutorDirixido por Martin Scorsese
1973Sweet KillProdutorDirixido por Curtis Hanson
1974Calor entre reixasProdutorDirixido por Jonathan Demme
1974CockfighterProdutorDirixido por Monte Hellman
1974O padriño (II parte)Actor ("Senator #2") (sen acreditar)[2]Dirixido por Francis Ford Coppola
1975Death Race 2000ProdutorDirixido por Paul Bartel
1976Cannonball!Actor ("District Attorney")[2]Dirixido por Paul Bartel
1976Fighting MadProdutorDirixido por Jonathan Demme
1976Eat My DustPresentador[2]Dirixido por Charles B. Griffith, protagonizado por Ron Howard
  1. McDougal, Dennis. Five Easy Decades.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 IMDb

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Corman, Roger & Jim Jerome, How I Made a Hundred Movies in Hollywood and Never lost a Dime, Muller, 1990

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]