Maggie Gyllenhaal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maggie Gyllenhaal
Maggie Gyllenhaal Berlinale 2017.jpg
Nacemento16 de novembro de 1977
LugarManhattan
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAnglo-americano, French American, xermanos estadounidense, Asquenací, Sueco-americano, Swiss American e Welsh American
Educada enUniversidade de Columbia, Royal Academy of Dramatic Art e Harvard-Westlake School
PaiStephen Gyllenhaal
NaiNaomi Foner Gyllenhaal
Cónxuxe(s)Peter Sarsgaard
Profesiónactriz de cinema, actriz de teatro, actriz de televisión e actriz de dobraxe
editar datos en Wikidata ]

Margalit Ruth "Maggie" Gyllenhaal,[1][2][3] nada en Lower East Side o 16 de novembro de 1977, é unha actriz de cinema estadounidense. Foi nomeada ós premios Óscar e ós Globo de Ouro en dúas ocasións.

Filla do director Stephen Gyllenhaal e da escritora Naomi Foner Gyllenhaal, e irmá maior do actor Jake Gyllenhaal. Tamén ten un medio irmán chamado Luke, que naceu en 2014 froito do segundo matrimonio de Stephen Gyllenhaal. Maggie comezou a súa carreira como actriz nun filme dirixido polo seu pai, e logo conseguiu recoñecemento xunto ó seu irmán en Donnie Darko, unha produción independente que acabaría converténdose en filme de culto. A súa carreira alzou o voo trala comedia romántica sadomasoquista, Secretary, coa que recibiu boas críticas e un nomeamento ós Globos de Ouro.[4] Gyllenhaal elixiu unha gama de papeis diversa, dende filmes independentes como Sherrybaby, polo que tamén foi nomeada ós Globo de Ouro, até comedias románticas como Trust the Man, así como superproducións como World Trade Center e O cabaleiro escuro.

Gyllenhaal é simpatizante do Partido Demócrata e, do mesmo xeito que o seu irmán e os seus pais, apoia á Unión Americana polas Liberdades Civís. Participou nas manifestacións en contra da guerra pola invasión de Iraq en 2003.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Shaitly, Shahesta (12 de xullo de 2014). "Maggie Gyllenhaal: 'I'm claustrophobic, it's taken years to be OK on the subway'". The Guardian. Consultado o 6 de decembro de 2014. 
  2. Elissa Golstein (8 de agosto de 2014). "Maggie Gyllenhaal Just Learned Her Real First Name – And It's Super-Jewish". Jewcy. 
  3. The Times of Israel, ed. (8 de agosto de 2014). "Maggie Gyllenhaal is really Margalit". Consultado o 24 de agosto de 2018. 
  4. "Maggie Gyllenhaal In The Con" CBS news

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]