Saltar ao contido

Harry Potter e o misterio do príncipe (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Harry Potter e o misterio do príncipe
 Título
Harry Potter and the Half-Blood Prince Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Forma artística
 Xénero
 Lingua orixinal
 Franquía de medios
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
Temática
 Ambientado en
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Universo ficticio
Publicación
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Distribuidor/a
 Recadación
933.959.197 $
302.334.374 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
250.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
 Parte da serie
 Puntuación da crítica
83% Rotten Tomatoes (11 de abril de 2025)
78/100 Metacritic (25 de febreiro de 2025)
7.1/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Premios
Premio MTV Movie ao mellor vilán (6 de xuño de 2010) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Óscar á mellor fotografía (2 de febreiro de 2010) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
6 de xullo de 2009 (Tokyo)
23 de xullo de 2009 (Hungría)
15 de xullo de 2009 (Francia)
15 de xullo de 2009 (Estados Unidos de América, Reino Unido)
16 de xullo de 2009 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración147 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
VIAF175280488 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0002-2F00-0000-V-0000-0000-I Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03hxsv Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: tt0417741 Filmaffinity: 570442 Allocine: 116305 Rottentomatoes: m/harry_potter_and_the_half_blood_prince Mojo: harrypotter6 Allmovie: v357831 TCM: 676931 Metacritic: movie/harry-potter-and-the-half-blood-prince TV.com: movies/harry-potter-and-the-half-blood-prince Netlix: 70099612 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Harry Potter e o misterio do príncipe (en inglés: Harry Potter and the Half-Blood Prince) é un filme de fantasía e drama[1] dirixido por David Yates e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o sexto filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman e David Barron.[2] A historia céntrase no sexto ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que se obsesiona cun misterioso libro de texto, se namora e intenta conseguir un recordo que ten a clave para derrotar a Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Michael Gambon, Jim Broadbent, Alan Rickman, Tom Felton e Helena Bonham Carter.

O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos o 15 de xullo de 2009. A recadación nas salas internacionais ascende a 933,9 millóns de dólares estadounidenses.[3] Recibiu unha candidatura aos Premios Oscar pola Oscar á mellor fotografía,[4] que finalmente gañou Avatar, e outra aos premios BAFTA aos mellores efectos especiais e ao mellor deseño de produción, ambos tamén gañados por Avatar.[5] O misterio do príncipe é un dos filmes da saga mellor valorados pola crítica.

Estreouse na TVG, en galego, o 25 de decembro do 2013.

No sexto ano de Harry en Hogwarts, Lord Voldemort e os Devoradores da Morte aumentan o terror que provocan na poboación máxica e muggle. Albus Dumbledore persuade un vello amigo Horace Slughorn para que regrese a Hogwarts como profesor; non obstante, Dumbledore ten unha razón importante para que Slughorn cubra a vacante. Durante unha clase de Apócemas, Harry toma posesión dun libro de texto pertencente ao "Príncipe Mestizo" e cheo de anotacións ás marxes. Entrementres, Dumbledore e Harry manteñen reunións secretas co obxectivo de descubrir como destruír a Voldemort definitivamente.

Banda sonora

[editar | editar a fonte]

A banda sonora de Harry Potter e o misterio do príncipe lanzouse ao mercado o 14 de xullo de 2009. As pezas musicais foron compostas por Nicholas Hooper e dirixidas por Hooper e Alastair King. É a segunda banda sonora dun filme da saga Harry Potter feita por Hooper, que xa se encargara do filme anterior, Harry Potter e a Orde do Fénix. A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Grammy na categoría de mellor álbum de banda sonora para unha película.

"Dumbledore's Farewell" emprégase de novo en Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) durante as escena na que Harry ve os recordos de Snape no pensadoiro.

Lista de pistas
  1. "Opening" - 2:53
  2. "In Noctem" - 2:00
  3. "The Story Begins" - 2:05
  4. "Ginny" - 1:30
  5. "Snape & the Unbreakable Vow" - 2:50
  6. "Wizard Wheezes" - 1:42
  7. "Dumbledore's Speech" - 1:31
  8. "Living Death" - 1:55
  9. "Into the Pensieve" - 1:45
  10. "The Book" - 1:44
  11. "Ron's Victory" - 1:44
  12. "Harry & Hermione" - 2:52
  13. "School!" - 1:05
  14. "Malfoy's Mission" - 2:53
  15. "The Slug Party" - 2:11
  16. "Into the Rushes" - 2:33
  17. "Farewell Aragog" - 2:08
  18. "Dumbledore's Foreboding" - 1:18
  19. "Of Love & War" - 1:17
  20. "When Ginny Kissed Harry" - 2:38
  21. "Slughorn's Confession" - 3:33
  22. "Journey to the Cave" - 3:08
  23. "The Drink of Despair" - 2:44
  24. "Inferi in the Firestorm" - 1:53
  25. "The Killing of Dumbledore" - 3:34
  26. "Dumbledore's Farewell" - 2:22
  27. "The Friends" - 2:00
  28. "The Weasley Stomp" - 2:51
  1. "Warner Bros. Shop: Harry Potter and the Half-Blood Prince. Genre: fantasy-drama". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2013. 
  2. "Daniel Radcliffe, Rupert Grint and Emma Watson to Reprise Roles in the Final Two Installments of Warner Bros. Pictures' Harry Potter Film Franchise". Warner Bros. 23 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2007. Consultado o 23 de marzo de 2007. 
  3. "Harry Potter and the Half-Blood Prince (2009)". Box Office Mojo. Consultado o 5 de maio de 2010. 
  4. "Nominees & Winners for the 82nd Academy Awards". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. AMPAS. Consultado o 26 de abril de 2010. 
  5. "Film Awards Winners: 2010". British Academy of Film and Television Arts. 21 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2010. Consultado o 4 de maio de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]