Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
District 9
Instancia de
Título
District 9 (en)
Tema principal
Baseado en
Cor
Ambientado en
Personaxes
Distribuidor/a
Produtor/a
Director/a
Compositor/a
Guionista
Director/a fotografía
Editor/a de cine
Compañía produtora
Distribuidor/a
Custo 30000000 $ Recadación 210888950 $
Duración 112 min
Wikidata
District 9 é un filme de ficción científica dirixido por Neill Blomkamp que se estreou en 2009 . O filme orixinal foi rodado en lingua inglesa , lingua nyanja , lingua afrikaans , lingua zulú , lingua xhosa e lingua sesotho . Protagonizada por Sharlto Copley , Jason Cope , e Robert Hobbs , o filme está ambientado en Xohanesburgo no ano 2010 , 28 anos despois da chegada dunha nave alieníxena á cidade surafricana. Tras máis de dúas décadas dende o primeiro contacto, os aliens conviven cos humanos, pero foron recluídos nunha especie de gueto , o Distrito 9.
Trala chegada dunha enorme nave espacial á cidade de Xohanesburgo (Suráfrica ), os alieníxenas foron encerrados en campos de concentración en calidade de refuxiados. Uns vinte anos antes, cando entraron en contacto co noso planeta, os homes agardaban un ataque hostil, ou grandes avances tecnolóxicos. Pero o certo é que chegaron moribundos e sen un obxectivo definido.
Sharlto Copley como Wikus van de Merwe
Jason Cope como Christopher Johnson
David James como Coronel Koobus Venter
Eugene Khumbanyiwa como Obesandjo
Louis Minnaar como Piet Smit
Mandla Gaduka como Fundiswa Mhlanga
Vanessa Haywood como Tania Smit van de Merwe
Robert Hobbs como Ross Pienaar.
Kenneth Nkosi como Thomas
Nathalie Boltt como Sarah Livingstone
Sylvaine Strike como Katrina McKenzie
John Sumner como Les Feldman
Nick Blake como Francois Moraneu
Jed Brophy como James Hope
Vittorio Leonardi como Michael Bloemstein
Johan van Schoor como Nicolaas van de Merwe
Marian Hooman como Sandra van de Merwe
Stella Steenkamp como Phyllis Sinderson
Tim Gordon como Clive Henderson
Jonathan Taylor como o Doutor
Nick Boraine como Tenente Weldon