Francois Pienaar
(2017) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (af) Jacobus François Pienaar 2 de xaneiro de 1967 Vereeniging | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Educación | Rand Afrikaans University (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 191 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 108 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | xogador de rugby | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1989 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | rugby a 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Terceira liña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Francois Pienaar, nado o 2 de xaneiro de 1967 en Vereeniging (Suráfrica), é un xogador de rugby retirado, que xogaba na posición de 3ª liña. En 1995 acadou a vitoria na Copa do Mundo de Rugby como capitán da Selección de rugby de Suráfrica. En 2005 foi incluído no International Rugby Hall of Fame.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entre 1989 e 1996 defendeu as cores de Transvaal na Currie Cup, acadando os campionatos de 1993 e 1994. En 1996 deixou Suráfrica e marchou a xogar á Premiership inglesa no equipo dos Saracens, conxunto co cal xogou ata o ano 2000, acadando un título na Tetley's Bitter Cup en 1998, ano no que tamén foi subcampión da Premiership.
Como xogador internacional, debutou en 1993 cos Springboks, e xogou o seu último encontro en 1996. Disputou 29 encontros coa súa selección, todos eles como capitán, sendo memorable a súa participación no Mundial de 1995. Na final recibiu o trofeo Webb Ellis de mans de Nelson Mandela, nun simbólico acto que representaba a unidade nacional entre brancos e negros na Suráfrica post Apartheid.
Actualmente adícase a comentar encontros de rugby nas retransmisións da canle deportiva inglesa ITV Sport.
| Equipos | Tempadas | Títulos |
| Transvaal | 1989 - 1995 | 2 Currie Cup (1993, 1994) |
| Saracens | 1996 - 2000 | 1 Tetley's Bitter Cup (1998) |
| Springboks | 1993 - 1996 | 1 Mundial (1995) |