Kathryn Bigelow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kathryn Bigelow na 82ª edición dos Oscar, 2010.

Kathryn Ann Bigelow, nada o 27 de novembro de 1951 en San Carlos, California é unha directora de cine estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no San Francisco Art Institute de onde marchou a Nova York, graduándose na Universidade de Columbia.[1] Debutou no cinema con The Loveless, en 1982, codirixida por Monty Montgomery.

Tres películas de acción, Blue Steel, Point Break e Strange Days déronlle recoñecemento como autora.[2]

En 2002 dirixiu K-19: The Widowmaker, que non foi un éxito comercial e tivo críticas diversas.[3] A súa seguinte película foi En terra hostil, coa que gañaría numerosos premios que rematarían co Oscar ó mellor director, converténdose na primeira muller en logralo.[4] Ademais o filme gañou o Oscar á mellor película, superando a Avatar, dirixida por quen foi o seu marido entre 1989 e 1991, James Cameron.[5]

Tras esta dirixiu Zero Dark Thirty, dramatización da busca de Osama bin Laden.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dargis, Manohla (18-6-2009). "Action!". New York Times. Consultado o 27-6-2009. 
  2. Benson-Allott, Caetlin. "Undoing Violence: Politics, Genre, and Duration in Kathryn Bigelow's Cinema" (preview/paywall), Film Quarterly 64.2 (Inverno 2010), páx. 33–43. Universidade de California.
  3. Metacritic
  4. "'Hurt Locker' wins best picture, director". Today.msnbc.msn.com. 8-3-2010. Consultado o 10-7-2010. 
  5. "Kathryn Bigelow makes history as first woman to win best director Oscar". The Guardian. 8-3-2010. Consultado o 3-9-2014. 
  6. "Zero Dark Thirty". Metacritic. Consultado o 15-1-2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]