Witiza
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Monarcas de Galicia |
|---|
| Reino de Galicia |
Witiza ou Vitiza foi rei de Galiza entre o ano 694 e o 710, e ademais de Hispania e Septimania dende o ano 702. Foi un dos últimos reis visigodos, sucedido por Don Rodrigo e precedido polo seu pai Éxica.
Foi nomeado rei de Galicia polo seu pai e tivo a súa corte en Tui[1]. Vitiza foi un gobernante máis suave có seu pai e incluso convidou ós nobres desterrados a volver ao reino, devolvéndolles as súas posesións.
Mapa político do Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Galicia (Gallaecia), España (Hispania), e Septimania.
Antes da súa morte asociou o seu trono ó seu fillo, Akhila, mentres que outros nobres tomaron partido por Roderik, Don Rodrigo, que finalmente accedería ó trono non sen oposición dos chamados vitizianos, que un ano despois, no 711, abrirían as portas da Península ós musulmáns, pondo punto e remate ó reino visigodo de Hispania.
|
Witiza
Nacemento: ? Falecemento: 710
|
||
| Títulos Reais | ||
|---|---|---|
| Precedido por Éxica |
Rei de Galicia 694–702 |
Sucedido por Descoñecido |
| Rei de España 702–710 |
Sucedido por Rodrigo e Axila II |
|
| Rei de Septimania 702–710 |
Sucedido por Axila II |
|
| Outros títulos | ||
| Precedido por Éxica |
Reis dos Visigodos 698–710 |
Sucedido por Rodrigo e Axila II |