Teudis
Teudis, finado no ano 548, foi un rei visigodo de Hispania cuxo mandato se estendeu do ano 531 ao 548. Amais, foi o antigo comandante de Teodorico o Grande. Accedeu ao poder tras a morte de Amalarico. Trasladou a capital visigoda de Narbona a Barcelona.
Traxectoria [editar]
En 541 tivo que enfrontarse aos francos, ao mando de Clotario e Childeberto, que penetraron por Pamplona ata Zaragoza, a cal cercaron durante corenta e nove días. Tras defendela conseguiu derrotarlos e facerlos fuxir por onde entraron, onde ademais o seu xeneral Teudiselo lles provocou grandes baixas. Pola contra, en 542 non conseguiu defender Ceuta (ocupada en 533) dos Bizantinos, que lles atacaron por terra e mar.
En 546 ditou unha lei en Toledo sobre costas procesuais, que ordenou incorporar nunha sección correspondente ao Código Teodosiano, recollida polo Breviario de Alarico, que demostraría a aplicación deste último texto na Hispania visigoda.
En 548 morre asasinado no seu palacio barcelonés por un godo que simulou estar tolo. Outras versións, sitúan o seu asasinato no seu palacio de Sevilla, e realizado por un soldado da garda, implicado nunha conxura nobiliaria, finxíndose tolo.
| Predecesor: Amalarico |
Rei dos visigodos 531-548 |
Sucesor: Teudiselo |