Eurico
Eurico (cara a 420-484) foi rei dos visigodos (logo de asasinar ao seu irmán Teodorico II) desde 466 ao 484. Era fillo de Teodorico I e sucedeuno o seu fillo Alarico II. Casou con Ragnaxilda, unha suposta filla de Meroveo, rei dos francos.
O reinado de Eurico coincidiu coa disolución do Imperio Romano de Occidente, ao ser destronado o último emperador Rómulo Augústulo en 476. Os visigodos asinaran un foedus con Roma no 418, en virtude do cal convertéronse en federados do Imperio e permitir asentarse no sur das Galias. Este rei independizou o reino visigodo e aboliu a dependencia anterior.
Apoderouse de diversos territorios das Galias e Hispania. Guerreou nas Galias contra os francos e saxóns. Foi o seu reino nese momento o máis poderoso e influente de Europa. A súa corte residía en Tolosa (Toulouse), aínda que nominalmente en Arlés. Pero foi sobre todo Tolosa a cidade que tivo a categoría do que agora consideramos como capital do reino. A historiografía española menciónao como Reino de Tolosa e abarcaba unha gran extensión da Península Ibérica (salvo a rexión de Galiza, controlada polos Suevos), e gran parte da Galia ao oeste do Rhin e ao sur do Loira.
Foi un rei que demostrou un gran talento político. Publicou unha corpo legal de dereito visigodo, o Codex Euricianus ou Código de Eurico. Tamén foi un fanático arriano.
| Predecesor: Teodorico II |
Rei dos visigodos 466-484 |
Sucesor: Alarico II |