Ervixio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ervixio, finado no ano 687, foi un rei visigodo que reinou entre os anos 680 e 687.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Usurpador do trono de Toledo, en conxura con outros nobres, traizoou o rei Vamba. Foi coroado e unxido en 21 de Outubro de 680 (680 - Novembro 687). Perseguiu aos xudeus sendo axudado niso polo bispo Xiao de Toledo, el propio un xudeu converso. Casou con Liuvigoto, filla de Suíntila, rei dos Visigodos (621-635) e de Teodora, neta do rei Recaredo I e de Bado, filla de Fonso, conde dos Patrimonios.

Co obxecto de asegurar o trono, casou á súa filla Cixilona con Éxica, un sobriño de Vamba, buscando unir así ás dúas familias e evitar que os nobres partidarios de Vamba tratasen de recuperar o poder tras a súa morte.

No 687, Ervixio enfermou gravemente e designou como sucesor ao seu xenro Éxica, en quen abdicou. Morreu o 15 de novembro dese ano.



Predecesor:
Vamba
Rei dos visigodos
680-687
Sucesor:
Éxica