Tulga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe procedente dos arquivos da Biblioteca Nacional de España

Tulga, finado ano ano 642, foi rei dos visigodos entre 640 e 642, sucedendo a seu pai Chintila.

Traxectoria [editar]

Atribúeselle debilidade de goberno contra os vascóns, asi como fraxilidade estatal ao ser deposto tan só dous anos despois do seu coroamento. A revolta que o depuxo foi iniciada por Chindasvinto, un militar ancián de 79 anos. Desempeñaba, probabelmente, un cargo de comando militar ou civil na rexión fronteiriza cos vascóns. Apercebendo-se da fragilidade do trono de Tulga, convocou os nobres godos terratenentes, a poboación germânica da zona e fíxose proclamar rei, a pesar de lle faltar a chancela dos bispos. A súa aclamação tivo lugar en Pampalica, posibelmente a Pampliega actual, preto de Burgos.

A secuencia dos feitos altérase conforme as fontes:

De acordo con Sixiberto Glembacense o rebelde, seguro dos seus apoios e coa adhesión doutros nobres, marchou sobre Toledo, depuxo a Tulga facendoo tonsurar, deste xeito inabilitouno para ocupar o trono; o destino posterior de Tulga é descoñecido.

Santo Ildefonso, por outro lado, deixou un relato distinguido: a rebelión de Chindasvinto obtivo algún apoio entre a nobreza mais non triunfou debido á falta de apoio do clero. Tulga conservou o trono e Chindasvinto mantívose un rebelde, ata que a oportuna morte do rei, por doenza, permitiu o recoñecemento de Chindasvinto como rei polos electores reais.


Predecesor:
Chintila
Rei dos visigodos
640-642
Sucesor:
Chindasvinto