Liuva I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liuva I
Nacementoséculo Vxuliano
Falecemento573 e 572
Lugar de falecementoNarbona
Relixiónarianismo
Ocupaciónmonarca
IrmánsLeovixildo
editar datos en Wikidata ]

Rei visigodo (568 - 572) de Hispania, sucesor de Atanaxildo.

Tras un período de discusión da nobreza, probábelmente xa o mesmo ano do falecemento de Atanaxildo (568) foi proclamado rei Liuva, que seguramente era o duque (dux) da Gallia Narbonensis.

A mala situación do reino visigodo debeu ser aproveitada polos francos, cuxos reis Sixeberto I e Gontrán I achegáronse a Arles probablemente 569. Gontrán cercou a praza e tras unha batalla vitoriosa tomouna.

Liuva I asociou ao trono ao seu irmán Leovixildo. Parece ser que entón Liuva decidiu controlar persoalmente a fronteira de Septimania, co fin de evitar novas perdas, e reservouse esta provincia para si. Talvez tamén a parte da Tarraconense baixo dominio visigodo, confiando o goberno das outras provincias (parte da Cartaxinense, Lusitania e parte da Bética) ao seu irmán Leovixildo, probablemente en 569, pouco logo dos sucesos de Arles.

Con esta decisión por parte Liuva, rompeu a tendencia dos anteriores reis godos, que nada máis chegar ao poder sempre intentaban afianzarse nel. A súa misión no norte do reino foi a de deter as incursións francas, que coa presenza de Liuva na zona non organizaron máis intentos de conquista sobre a Septimania, quedando Leovixildo pendente dos bizantinos que tiñan posesións no sur e o levante de Hispania e ameazaban con intentar conquistar novos territorios. Liuva, coa súa decisión de dividir o poder, sentou as bases para unha recuperación económica do reino godo, ademais de preparar a Leovixildo para o seu futuro reinado en solitario.

Liuva morreu probablemente en 572 e o seu irmán Leovixildo quedou como único rei.


Predecesor:
Atanaxildo
 Rei dos visigodos 
568-572
Sucesor:
Leovixildo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]