Robert Musil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa na que viviu e escribiu entre 1921 e 1938

Robert Musil nado o 6 de novembro de 1880 en Klagenfurt, Austria, e morto o 15 de abril de 1942 en Xenebra, Suíza, foi un escritor austríaco, autor da novela longa inacabada Der Mann ohne Eigenschaften (O home sen cualidades), unha das novelas modernistas máis sobranceiras, considerada clave no panorama literario do século XX.

A novela ocúpase do devalo moral e intelectual do imperio Austro-Húngaro a través dos ollos do protagonista Ulrich, un ex-matemático da Viena en vésperas da Primeira Guerra Mundial.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Proveniente dunha familia da baixa nobreza (Edler), cando era aínda un neno entrou na academia militar, experiencia que lle serviu para escribir a súa primeira novela, A confusión do interno Törless (1906) escrita mentres estudaba enxeñería. Abandonou con todo a academia e licenciouse como enxeñeiro.

A súa curiosidade levoulle a estender os seus estudos á psicoloxía, a lóxica e a psicoloxía experimental na Universidade de Berlín. Ensinou enxeñería mentres escribía a súa primeira novela, A confusión do interno Törless (1906), descrición da vida duns adolescentes nun colexio militar. O éxito desta obra animoulle a deixar o ensino e a compaxinar o seu traballo como bibliotecario e editor de Die neue Rundschau coa escritura de dúas novelas curtas sobre as relacións sexuais, Unións (1911).

Musil serviu no exército imperial durante a Primeira Guerra Mundial e despois foi funcionario civil na nova República de Austria, entre 1919 e 1922, antes de dedicarse enteiramente a escribir. Publicou un libro de contos, Tres mulleres, en 1924. Salvo dous anos en Berlín (1931-1933), viviu en Viena ata a anexión de Austria á Alemaña nazi en 1938, cando se exiliou en Suíza. Morreu en Xenebra en 1942.

Neste lapso a súa tarefa fundamental foi escribir unha longa (dous volumes), panorámica e inacabada novela, O home sen atributos (1930-1943), que examina a existencia sen obxectivos do seu personaxe principal, Ulrich, un antihéroe, sobre o fondo dunha minuciosa recreación da sociedade austriaca anterior a 1914 en plena crise. O home sen atributos constitúe unha das obras narrativas máis ambiciosas do século XX e consagrou póstumamente ao seu autor, como un escritor que nas súas obras combinou dun xeito excepcional a ironía coa utopía, para analizar a gran crise espiritual da súa época e a descomposición do Imperio austro-húngaro.

Obras[editar | editar a fonte]

Desde este ano traballa ata o día da súa morte na súa obra máis importante:

Adaptacións cinematográficas[editar | editar a fonte]

O director Volker Schlöndorff realizou en 1966 O mozo Törless, adaptación da novela que 60 anos antes realizase o autor austriaco. Era a súa primeira película, tras ser asistente de directores como Resnais, Malle e Melville. Esta película recibiu o premio FIPRESCI no Festival de Cannes así como os Premios do Cine Alemán de mellor película, guión e director e converténdose nun dos puntais, xunto a Fassbinder ou Herzog, do novo cine alemán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Edición en galego: A confusión do interno Törless, Ir Indo. ISBN 978-84-7680-247-2
  • Vereinigungen (1911)
  • Die Schwärmer (1921 )
  • Vinzenz und die Freundin bedeutender Männer (1924)
  • Drei Frauen (1924)
  • Nachlaß zu Lebzeiten (1936)
  • Über die Dummheit (1937)
  • Der Mann ohne Eigenschaften (1931/32)); tamén como audio-libro ISBN 978-3-89940-416-6
  • Obras escollidas: Gesammelte Werke. 2 Bände. Hg. v. Adolf Frisé. Reinbek, Rowohlt 1978 ISBN 3-498042564

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]