Billy Wilder
Samuel Wilder, máis coñecido como Billy Wilder, nado en Sucha Beskidzka, Galicia, Austria (entón aínda Imperio Austrohúngaro), o 22 de xuño de 1906 e finado en Hollywood, Estados Unidos, o 27 de marzo de 2002, foi un director de cine estadounidense de orixe austríaca.
Índice |
Traxectoria [editar]
Wilder pasou a súa infancia e a súa mocidade en Austria. O seu primeiro traballo foi como cronista no xornal austriaco Juranek. Continuou traballando como cronista en Berlín, tendo que alternar esta ocupación con outras para sobrevivir. Alí afeccionouse ó cine, tras ver diversas películas que lle impresionaron fondamente. Unha delas foi O acoirazado Potemkin, de Sergei Eisenstein. Entrou a traballar para a UFA onde coñeceu aos grandes directores do momento.
Trala subida ó poder de Hitler, Wilder viuse obrigado a abandonar Berlín, debido á súa ascendencia xudía. A súa nai morrería nos campos de concentración de Auschwitz. Estivo en París e, desde alí, en 1934 trasladouse a Estados Unidos, xunto ó actor Peter Lorre. Wilder e Lorre compartiron apartamento, fame e momentos moi difíciles durante unha tempada. Alí comezou a traballar como guionista para a Paramount, e tivo a ocasión de colaborar con Ernst Lubitsch, o seu gran mestre. O día do seu funeral dixo: "Quedámonos sen Lubitsch. Peor aínda, quedámonos sen as películas de Lubitsch".
Como guionista, Wilder escribiu 60 películas. Como director, realizou 26 películas. Foi galardoado con sete Oscar tras ser nominado en 21 ocasións.
En 1981 dirixiu a súa última película, Aquí, un amigo. A partir de entón as compañías aseguradoras xa non querían asegurar películas súas debido á súa avanzada idade. Morreu 21 anos máis tarde á idade de 95 anos na súa residencia de Beverly Hills, por mor dunha pneumonía. Os seus restos atópanse no Cemiterio Westwood Village Memorial Park de Os Angeles, California. Nunha entrevista publicada en 1952 Wilder enumerou as súas dez películas favoritas:
- O acoirazado Potemkin (Sergei Eisenstein) (1925)
- Greed (Erich von Stroheim) (1923)
- Varieté (Charles Dupont) (1925)
- The Gold Rush (Charles Chaplin) (1924)
- The Crowd (King Vidor) (1928)
- La grande illusion (Jean Renoir) (1937)
- The Informer (John Ford) (1935)
- Ninotchka (Ernst Lubitsch) (1939)
- The Best Years of Our Lives (William Wyler) (1946)
- Ladri di biciclette (Vittorio de Sica) (1948)
Filmografía como director [editar]
- 1981 - Buddy, Buddy
- 1978 - Fedora
- 1974 - The Front Page
- 1972 - Avanti!
- 1970 - The Private Life of Sherlock Holmes
- 1966 - The Fortune Cookie
- 1964 - Kiss Me, Stupid
- 1963 - Irma la Douce
- 1961 - One, two, three
- 1960 - The Apartament
- 1959 - Con saias e a rachar
- 1958 - Witness for the Prosecution
- 1957 - Love in the Afternoon
- 1957 - The Spirit of St. Louis
- 1955 - The Seven Year Itch
- 1954 - Sabrina
- 1953 - Stalag 17
- 1951 - Ace in the Hole
- 1950 - Sunset Boulevard
- 1948 - A Foreign Affair
- 1948 - The Emperor Waltz
- 1945 - The Lost Weekend
- 1944 - Double Indemnity
- 1943 - Five Graves to Cairo
- 1942 - The Major and the Minor
- 1934 - Mauvaise graine
Nominacións ó Oscar [editar]
Como director
- 1944 - Double Indemnity
- 1945 - The Lost Weekend (Gañador do Oscar)
- 1950 - Sunset Blvd
- 1953 - Stalag 17
- 1954 - Sabrina
- 1957 - Witness for the Prosecution
- 1959 - Some Like It Hot
- 1960 - The apartament (Gañador do Oscar)
Como guionista
- 1939 - Ninotchka (nominado xunto con Chales Brackett e Walter Reisch ó mellor guión)
- 1941 - Ball of Fire (nomindo xunto con Thomasa Monroe ó mellor argumento)
- 1941 - Hold Back the Dawn (nominado xunto con Charles Brackett ó mellor guión adaptado)
- 1944 - Double Indemnity (nominado xunto con Raymond Chandler ó mellor guión adaptado)
- 1945 - The Lost Weekend (ganador xunto con Charles Brackett ó mellor guión adaptado)
- 1948 - A Foreign Affair (nominado xunto con Charles Brackett e Richard L. Breen ó mellor guión)
- 1950 - Sunset Blvd (gañador xunto con Charles Brackett e D. M. Marshman ó mellor argumento y guión)
- 1951 - Ace in the Hole (nominado xunto con Lesser Samuels e Walter Newman ó mellor argumento e guión)
- 1954 - Sabrina (nominado xunto con Samuel Taylor e Ernest Lehman ó mellor guión)
- 1959 - Some Like It Hot (nominado xunto con I. A. L. Diamond ó mellor guión adaptado)
- 1960 - The apartament (gañador xunto con I. A. L. Diamond ó mellor guión orixinal)
- 1966 - The Fortune Cookie (nominado xunto con I. A. L. Diamond ó mellor guión orixinal)
En total foi nominado 8 veces como director, gañando dúas, e doce como guionista, gañando en tres ocasións.