Cérbero
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cérbero (homónimos).
Cérbero, William Blake
Na mitoloxía grega, Cérbero, era o garda das portas do Hades (o inframundo grego), tiña a forma dun can con tres cabezas e cunha serpe por rabo, ademais dun número incontable de cabezas de serpe nas súas costas. Cerbero gardaba a porta do Hades (o inframundo grego) e aseguraba que os mortos non puideran sair e que os vivos non puideran entrar. Era fillo de Equidna e Tifón, e irmán de Ortro. A existencia dun can infernal na entrada dos infernos parece ser que xa estaba presente na mitoloxía indoeuropea orixinal, pois aparece nos mitos de outros pobos indoeuropeos, como é o caso do can Garm na mitoloxía escandinava.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa mitoloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |