Shelden Williams
| Élan Chalon – No. 23 | |
| Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de outubro de 1983 (29 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 113 kg (250 lb) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Duke |
| NBA Draft | 2006 / Rolda: 1 / Elección: 5
Escollido por Atlanta Hawks |
| Carreira | dende 2006 |
| Historial de equipos | |
| Atlanta Hawks (2006–2008) Sacramento Kings (2008–2009) Minnesota Timberwolves (2009) Boston Celtics (2009-2010) Denver Nuggets (2010-2011) New York Knicks (2011) New Jersey Nets (2011-2012) Élan Chalon (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Shelden DeMar Williams, nado en Oklahome City, Oklahoma, o 21 de outubro de 1983, é un xogador norteamericano de baloncesto que xoga no Élan Chalon da Ligue Nationale de Basketball (LNB).
Índice |
Traxectoria [editar]
Instituto [editar]
No instituto Midwest City obtivo todos estes galardóns:
- Seleccionado no EA Sports High School All-America de 2002.
- Xogador do ano Gatorade en Oklahoma (2001, 2002)
- Xogador do ano USA Today en Oklahoma (2001)
- Xogador do ano en Oklahoma polo Daily Oklahoman (2001)
- Mellor defensor de Oklahoma (2000, 2001)
- Elixido coma un dos 5 mellores xogadores que ían dar o salto á NCAA na 2001-02 por Future Stars, BlueChipHoops.com e College Basketball News e o mellor aleiro por Basketball News e Prepstars.
- Tres veces all-state, all-district e all-city (1999-2001)
- Parade All-America (2001)
Foi suspendido no equipo por un incidente nunha habitación dun hotel en Columbus, Ohio, no que foi acusado de violación.
Universidade [editar]
Williams graduouse na Universidade de Duke, onde pasou 4 anos, dende 2002 ata 2006, licenciándose en álxebra. Cos Blue Devils foi toda unha estrela e deixou para a posteridade diferentes records coma líder histórico en rebotes o tapóns. Os seus números foron moi destacados en cada unha das tempadas que pasou alí. Na 2003-04 comezou brillar con 12.6 puntos, 8.5 rebotes e 3 tapóns, en 2004-05 incrementou ata os 15.5 puntos, 11.2 rebotes e 3.7 tapóns e no seu último ano, na 2005-06 foise ata os 18.8 puntos, 10.7 rebotes e 3.8 tapóns. Esa tempada logrou ser o terceiro xogador de Duke en conseguir unha tripla dobre, ao asinar 19 puntos, 11 rebotes e 10 tapóns na vitoria sobre Maryland o 11 de xaneiro de 2006.
Outro dos seus logros non só a nivel de Duke, senón de toda a NCAA é o feito de convertirse no terceiro xogador na historia do baloncesto universitario en anotar 1500 puntos, capturar 1000 rebotes, taponar 350 tiros e roubar 150 balóns durante a súa aventura na NCAA. Só Tim Duncan e Ralph Sampson foron capaces diso. A súa camiseta nº 23 foi retirada na universidade o 28 de xaneiro de 2007.
Algúns dos recoñecementos que tivo foron os seguintes:
- Defensor do ano, National Association of Basketball Coaches (2005, 2006)
- Primeiro quinteto All American, Associated Press (2006)
- Primeiro quinteto All American, John R. Wooden (2006)
- Senior CLASS All-Senior All American Team (2006)
- Finalista no xogador do ano, John R. Wooden (2006)
En Duke gañouse o alcume de "The Landlord"; o seu tamaño, intensidade e estilo agresivo de xogo lle fixeron convertirse en todo un dono da pintura.
NBA [editar]
Shelden foi elixido polos Atlanta Hawks no posto nº 5 do draft de 2006. Comezou contando pouco, pero a medida que foi transcurrindo a tempada foi gañando minutos, confianza e xogo ata o punto de chegar a ser o mellor rookie do mes de abril na Conferencia Leste da NBA, promediando 11.6 puntos e 10.6 rebotes. Velaquí algunhas das súas actuacións máis salientables en dito mes:
- 6 de abril fronte aos Milwaukee Bucks: 12 puntos, 16 rebotes e 3 roubos.
- 13 de abril fronte aos Washington Wizards: 14 puntos, 10 rebotes, 3 tapones e 2 roubos.
- 16 de abril fronte aos Milwaukee Bucks: 16 puntos, 17 rebotes e 3 asistencias.
- 17 de abril fronte aos Indiana Pacers: 21 puntos e 10 rebotes.
O 16 de febreiro de 2008 foi traspasado aos Sacramento Kings xunto con Anthony Johnson, Tyronn Lue, Lorenzen Wright e unha segunda rolda do draft de 2008 a cambio do base Mike Bibby, mentres que un ano despois foi enviado aos Minnesota Timberwolves xunto con Bobby Brown por Rashad McCants e Calvin Booth. O 3 de agosto de 2009 asinou un contrato dun ano cos Boston Celtics.[1] E o 14 de xullo de 2010 asinou outro contrato de un ano, esta vez con Denver Nuggets.
O 13 de decembro de 2011 asinou un contrato cos New Jersey Nets.[2]
O 28 de agosto de 2012, asinou un contrato co campión da liga francesa, o Élan Chalon.[3][4]
Notas [editar]
- ↑ boston.com Celtics, Shelden Williams agree to deal
- ↑ Nets sign free agent foward Shelden Williams
- ↑ "ELAN CHALON inks big man Williams". Euroleague. http://www.euroleague.net/euroleaguenews/transactions/2012-13-signings/i/99402/7224. Consultado o 29 de agosto de 2012.
- ↑ "Shelden Williams Signs With Elan Chalon". realgm.com. http://basketball.realgm.com/wiretap/223265/Shelden_Williams_Signs_With_Elan_Chalon. Consultado o 29 de agosto de 2012.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Nados en 1983
- Nados en Oklahoma
- Xogadores Atlanta Hawks
- Xogadores Sacramento Kings
- Xogadores Minnesota Timberwolves
- Xogadores Boston Celtics
- Xogadores Denver Nuggets
- Xogadores New York Knicks
- Xogadores New Jersey Nets
- Eleccións draft Atlanta Hawks
- Pivotes de baloncesto