Anthony Johnson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anthony Johnson
Anthony Johnson.jpg
Axente Libre
Base
Información persoal
Nacemento 2 de outubro de 1974 (40 anos)
Flag of South Carolina.svg Charleston, Carolina do Sur
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso 91 kg (200 lb)
Instituto Stall, Charleston
Información da carreira
Universidade College of Charleston
NBA Draft 1997 / Rolda: 2 / Elección: 40

Escollido por Sacramento Kings

Carreira dende 1997
Historial de equipos
Sacramento Kings (1997–1998)
Atlanta Hawks (1998–2000)
Orlando Magic (2000)
Atlanta Hawks (2000–2001)
Cleveland Cavaliers (2001)
New Jersey Nets (2001–2003)
Indiana Pacers (2003–2006)
Dallas Mavericks (2006–2007)
Atlanta Hawks (2007–2008)
Sacramento Kings (2008)
Orlando Magic (2008-2010)
Información en nba.com

Anthony Mark Johnson, nado o 2 de outubro de 1974 en Charleston, Carolina do Sur, é un xogador profesional estadounidense actualmente sen equipo, sendo o último no que xogou os Orlando Magic da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 1,91 xoga na posición de base.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Tras liderar ao Instituto Stall de South Carolina ao campionato AA de fútbol americano, Johnson recibiu unha bolsa de baloncesto do College of Charleston, onde o seu irmán maior Steven sobresaíu anos antes. No seu ano senior, foi nomeado xogador do ano na súa conferencia e liderou a Charleston ao torneo da NCAA.

NBA[editar | editar a fonte]

Johnson foi o primeiro xogador de College of Charleston en ser elixido no Draft da NBA, seleccionado polos Sacramento Kings na 40ª posición da segunda rolda en 1997. Na súa primeira tempada na liga fixo unha media 7.5 puntos en 62 encontros. Nas seguintes campañas xogaría nos Atlanta Hawks, Orlando Magic, Cleveland Cavaliers e New Jersey Nets, sen pasar de ser un xogador das profundidades do banco ou incluso temporal. Na 2003-04 fichou polos Indiana Pacers, onde a súa traxectoria rexurdiu, cunha media de 22 minutos de xogo e 6.5 puntos por partido. Pasou dúas tempadas máis en Indiana, onde acadou máis de 27 minutos e 9 puntos de media.

Nos playoffs de 2006, Johnson realizou o mellor partido da súa traxectoria anotando 40 puntos ante os New Jersey Nets no sexto encontro da primeira rolda.

En verán de 2006, foi traspasado aos Dallas Mavericks a cambio do base Darrell Armstrong, e os aleiros Josh Powell e Rawle Marshall. Durou pouco no equipo, xa que o 22 de febreiro de 2007 enviárono aos Atlanta Hawks por unha elección de segunda rolda do draft, cumprindo a súa terceira etapa nos Hawks da súa traxectoria.

O 16 de febreiro de 2008 foi traspasado aos Sacramento Kings xunto con Shelden Williams, Tyronn Lue, Lorenzen Wright e unha segunda rolda do draft de 2008 a cambio do base Mike Bibby. Tras xogar ata final da tempada nos Kings, Johnson fichou por Orlando Magic por dúas tempadas.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Graduouse en empresariais no College of Charleston.
  • Gustaríalle coñecer á poeta/actriz Maya Angelou.
  • O seu irmán xogou tamén ao baloncesto en Charleston e ten o seu dorsal 10 retirado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]