Cuttino Mobley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuttino Mobley
Posición Escolta
Dorsal 5, 3
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Nacemento 1 de setembro de 1975 (48 anos)
Filadelfia, Pensilvania
Carreira
Universidade Rhode Island
NBA Draft 1998 / Rolda: 2 / Elección: 41
Por Houston Rockets
Tempadas 19982008
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     11 964 (16,0 pp)
Asistencias     2 015 (2,7 pp)
Roubos     878 (1,2 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  • Ningún premio notable

Cuttino Rashawn Mobley, nado o 1 de setembro de 1975 en Filadelfia, Pensilvania, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que militou na National Basketball Association dende 1998 até 2008. Con 1,93 metros de altura xogaba na posición de escolta.

Carreira[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Mobley asistiu á escola Incarnation of Our Lord na sección de Olney en Filadelfia. Tras graduarse, acudiu ao Instituto Cardinal Dougherty e a Maine Central Institute. Tras deixar o instituto, foi á Universidade de Rhode Island onde liderou aos Rams a aparecer no torneo da NCAA en 1998, chegando até a Elite Eight (final rexional).

NBA[editar | editar a fonte]

Foi seleccionado por Houston Rockets no pusto 41 da segunda rolda do Draft da NBA de 1998, xogando no conxunto texano durante seis anos antes de ser traspasado xunto con Steve Francis e Kelvin Cato a Orlando Magic a cambio de Tracy McGrady en 2004. Tras xogar 23 partidos cos Magic, foi enviado a Sacramento Kings por Doug Christie. Na tempada 2004-05, finalizou terceiro na clasificación de porcentaxe de tiros de tres.

En xullo de 2005, asinou un contrato de cinco anos e 42 millóns de dólares con Los Angeles Clippers. Mobley, xunto con Sam Cassell e Elton Brand, liderou o camiño cara a playoffs aos Clippers na tempada 2005-06, promediando 14.8 puntos e 4.3 rebotes na súa primeira campaña no equipo. O 21 de novembro de 2008 foi traspasado a New York Knicks xunto con Tim Thomas a cambio de Zach Randolph e Mardy Collins.

O 10 de decembro de 2008 anunciou a súa retirada aos 33 anos de idade por mor de problemas cardíacos detectados trala súa fichaxe polos Knicks, onde non puido debutar. Nas súas dez tempadas como profesional fixo unha media 16 puntos e 2,7 asistencias por partido.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]