Raef LaFrentz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raef LaFrentz
Posición Ala-pivote / Pivote
Dorsal 45, 9
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Nacemento 29 de maio de 1976 (47 anos)
Hampton, Iowa
Carreira
Universidade Kansas (1994–1998)
NBA Draft 1998 / Rolda: 1 / Elección: 3
Por Denver Nuggets
Tempadas 19982009
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     5 690 (10,1 pp)
Rebotes     3 423 (6,1 pp)
Tapóns     919 (1,6 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Raef Andrew LaFrentz, nado o 29 de maio de 1976, en Hampton, Iowa, foi un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xogou 10 tempadas na National Basketball Association (NBA) dende 1998 até 2009, sendo o seu último equipo os Portland Trail Blazers.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

LaFrentz foi seleccionado na 3ª posición do Draft da NBA de 1998 polos Denver Nuggets. Na súa tempada coma rookie, tan só xogou 12 partidos debido a unha lesión no seu xeonllo esquerdo producida contra os Dallas Mavericks o 25 de febreiro de 1999. Na seguinte tempada, acadou 12.4 puntos, 7.9 rebotes e 2.2 tapóns por encontro en 81 partidos disputados. No ano 2000 xogou cos sophomores o NBA All-Star Weekend Rookie Challenge.

O 21 de febreiro de 2002, foi traspasado xunto a Nick Van Exel, Avery Johnson e Tariq Abdul-Wahad ós Dallas Mavericks, a cambio de Juwan Howard, Donnell Harvey, Tim Hardaway e unha elección da primeira rolda do Draft de 2001.

O 20 de outubro de 2003, foi traspasado xunto a Chris Mills, Jiri Welsch e unha elección da primeira rolda do Draft ós Boston Celtics, a cambio de Tony Delk e Antoine Walker.

O 28 de xuño de 2006, os Celtics traspasaron a LaFrentz, Dan Dickau e sétima elección do Draft de 2006 ós Portland Trail Blazers, a cambio de Theo Ratliff e Sebastian Telfair.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]