Antawn Jamison
| Cleveland Cavaliers – No. 4 | |
| Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de xuño de 1976 (35 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 107 kg (235 lb) |
| Salario | $11.641.095 |
| Instituto | Providence, Charlotte, Carolina do Norte |
| Información da carreira | |
| Universidade | North Carolina |
| NBA Draft | 1998 / Rolda: 1 / Elección: 4
Escollido por Toronto Raptors |
| Carreira | dende 1998 |
| Historial de equipos | |
| Golden State Warriors (1998–2003) Dallas Mavericks (2003–2004) Washington Wizards (2004–2010) |
|
| Premios e galardóns | |
| 1× Mellor Sexto Home (2004) 2× NBA All-Star (2005, 2008) |
|
| Información en nba.com | |
Antawn Cortez Jamison, nado o 12 de xuño de 1976 en Shreveport, Luisiana, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga para os Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA). Con 2,06 metros de altura e 107 quilogramos de peso xoga de ala-pivote.
Índice |
[editar] Traxectoria deportiva
[editar] Universidade
Durante a súa etapa na universidade Jamison xogou para a Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill. Nas súas tres tempadas en nos Tar Heels tivo unha media de 19,0 puntos e 9,9 rebotes por partido. No seu último ano universitario recibiu os premios Naismith e John R. Wooden como o mellor xogador universitario da tempada 1997-1998. Nos seus tres anos, Carolina do Norte logrou chegar ás semifinais nacionais (Final Four) dúas veces.
[editar] Profesional
Jamison foi seleccionado por Toronto Raptors coa cuarta selección no draft de 1998. Foi traspasado de inmediato a Golden State Warriors a cambio do seu compañeiro universitario Vince Carter. Xogou cinco anos co equipo de Oakland, sendo traspasado aos Dallas Mavericks, onde gañou o premio ao Mellor Sexto Home da NBA. O ano seguinte foi traspasado de novo, esta vez a Washington Wizards. En 2005 e 2008, foi elixido para xogar o All-Star Game.
O 17 de febreiro de 2010, Jamison foi traspasado a Cleveland Cavaliers como parte dun intercambio a tres bandas, no que Al Thornton de Los Angeles Clippers marchábase a Washington Wizards; Žydrūnas Ilgauskas (que logo retornaría a Cleveland), unha primeira rolda do draft de 2010 e os dereitos de Emir Preldžič dende Cleveland a Washington; Drew Gooden de Washington aos Ánxeles e Sebastian Telfair dos Ánxeles a Cleveland.[1]
[editar] Notas
- ↑ {{cita web|url=http://www.nba.com/wizards/news/trade_100217.html%7Ctítulo=Wizards Acquire Ilgauskas, Thornton and First-Round Pick In Three-Team Deal]
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
||||||||