Agamenón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Máscara de Agamenón

Agamenón é un personaxe da mitoloxía grega. Foi o rei de Argos e Micenas.

Lenda[editar | editar a fonte]

Agamenón era fillo de Atreo e Aérope, e irmán de Menelao. Cando Tiestes matou a Atreo e se fixo co trono de Argos, Agamenón e Menelao buscaron refuxio con Tíndaro, rei de Esparta, casou coa súa filla Clitemnestra, da que tivo 3 fillas -Ifixenia, Electra e Crisótemis- e un fillo -Orestes-. Agamenón reconquistou o reino do seu pai coa axuda do seu irmán Menelao, xa rei de Esparta.

Na guerra de Troia, Agamenón foi o xefe supremo dos gregos. Ao chegar a Aulis, Beocia, os ventos pararon e non pode seguir a expedición por Agamenón ofender á deusa Artemisa. O adiviño Calcante anuncia que a deusa só se calmará co sacrificio de Ifixenia, Agamenón concorda e sacrifica a súa propia filla.

Durante a guerra Agamenón tomou como cativa a Briseida, pertencente a Aquiles, o que levou a este a se afastar da loita por algún tempo. Despois da captura de Troia toma a Casandra, a filla de Príamo, que predí que de regresar á súa terra matarano; malia iso, regresa cos dous xemelgos que tivera con ela. Xa en Argos, Clitemnestra ofrece ao seu home unha gran recepción, logo na noite, coa axuda de Existo, o seu amante, asasina a Agamenón, Casandra e os fillos de ámbolos dous. Orestes, o seu fillo, vingou a súa morte anos despois, matando á súa propia nai e a Existo.

Agamenón é o protagonista de numerosas traxedias, antigas e modernas, a máis famosa foi a Orestíada de Esquilo. Nas lendas do Peloponeso, Agamenón era considerado o prototipo de monarca poderoso, e en Esparta tiña culto baixo o título de Zeus Agamenón.