Cabalo de Troia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabalo de madeira usado na película Troia (2004)

O cabalo de Troia é un enxeño descrito na obra de Homero A Odisea.

A lenda[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

As forzas gregas que asediaron Troia durante dez anos non puideron superar as altas murallas que a defendían. Tras tantos anos de guerra, Odiseo (chamado Ulises polos latinos), o máis astuto dos mortais propúxolles aos xefes gregos construír un enorme cabalo de madeira cunha barriga onde caberán os máis valorosos heroes gregos. A flota grega retiraríase á próxima illa de Ténedos, tras queimar o campamento para que os troianos o advertiran e saíran confiados ao campo. Un grego, finxíndose fuxitivo, quedaría fóra e contaríalles aos troianos que este cabalo está consagrado á deusa Atenea, inimiga dos troianos.

Os troianos, grandes crentes nos deuses, caeron no engano. Os troianos aceptarono para ofrendalo aos deuses, ignorando que era unha trampa dos gregos para traspasar as suas murallas. Dentro do cabalo escondíase un selecto grupo de soldados. O cabalo era de tal tamaño que os troianos tiveron que derribar parte dos muros da súa cidade. Unha vez introducido o cabalo en Troia, os soldados ocultos nel abriron as portas da cidade, e tras isto invadiron, destruíron e queimaron Troia.

Este episodio é narrado n'A Odisea, o poema atribuido a Homero, que relata partes da Guerra de Troia segundo conta as aventuras do heroe grego Odiseo (Ulises, para os latinos) no seu regreso á su patria, Ítaca. E tamén alude a el Virxilio na Eneida.